A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria do Plan Proxecta para o actual curso 2017/18, no que participarán 182 centros de ensino da provincia da Coruña. Ao seu abeiro, 47.000 alumnos desenvolverán 303 proxectos nos 45 programas que compoñen esta iniciativa. A relación de colexios que desenvolven cada programa pode consultarse no portal web da Consellería, no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23737.

En Galicia participarán no Proxecta 515 centros de ensino (un 20% máis que o ano pasado), nos que preto de 123.000 alumnos (un 35% máis) e 5.500 docentes desenvolverán 911 proxectos. Pode obterse información sobre os programas no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta .

O Plan Proxec ta é unha iniciativa da Xunta con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Neste curso ofertáronse 45 programas, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros.