A capela ardente cos restos de Domingos Merino, falecido onte aos 78 anos, será instalada ás 11.00 horas do venres día 2 no Pazo de María Pita. A recepción do féretro está prevista para as dez da mañá e unha hora despois abrirase a capela ardente.

A cidadanía está tamén convocada a participar no acto público de despedida a Merino que se celebrará na sede municipal ás catro da tarde.

O Goberno municipal expresou o seu pesar polo falecemento do que fora primeiro alcalde da Corporación municipal tras a ditadura ao que cualificou como "un gran defensor das liberdades tanto dende o Pazo de María Pita como nos outros postos públicos que ostentou ao longo da súa vida".