Domingos Merino: un gran escoitador

03.02.2018 | 01:23
Domingos Merino: un gran escoitador

Onte fixémoslle a última homenaxe a Domingos Merino no Pazo de María Pita. Foi un acto entrañable, evocador de moitos recordos persoais e políticos compartidos con esta grande persoa que tivo a honra de ser o primeiro alcalde democrático da cidade da Coruña despois da ditadura.

Non é pretensión deste artigo sinalar os seus logros nin a súa traxectoria política, sobradamente coñecida e sobre a que estes días se escribíu moito e ben, senon profundizar un pouco máis na súa faceta persoal, poñendo o acento no lado humano dunha persoa decente e honrada, profundamente respetuosa , de grande convicción democrática e nacionalista e que sempre actuou con moita dignidade alí onde a vida o foi colocando.

Tiven a sorte de coñecelo en persoa e empezar a traballar con el no ano 1987, na conformación de candidaturas municipais en Boiro e noutros pobos da Barbanza, tamén con Camilo Nogueira.

Desde o primeiro momento que o coñecín chamoume moito a atención unha característica peculiar que en Domingos estaba moi presente e que posiblemente teña que ver co feito de que era unha persoa tremendamente educada e respetuosa. Con Domingos, os períodos de emisión dos seus xuizos, das súas ideas, opinións ou conclusións eran sempre moito máis curtos que os tempos de escoita. E non é fácil atopar persoas que lle adiquen máis tempo a escoitar que a falar.

Saber gardar silencio é unha arte pouco practicada na política, antes e agora, pero Domingos cultivaba esta faceta con mestría, por iso era unha ledicia falar con el, porque eses silencios activos favorecían a empatía e facían moi agradables as tertulias ou as reunións de traballo.

Domingos era veciño de Sada, residía no Tarabelo ata que se agravou a súa situación de dependencia nestes últimos anos, motivo polo que a súa parella Jorge e mais el se trasladaron a Vilagarcía. Mantiña moi voa relación de veciñanza, sempre foi unha persoa xenerosa e desinteresada e mesmo se chegou a prestar voluntario para ensinar aos nenos e nenas do colexio de Mondego a práctica do xadrez nas actividades extraescolares que se organizaban nese Centro. Merino era un gran mestre nese deporte do que foi campion galego en seis ocasións.

Xa retirado da vida política activa como parlamentario, seguía moi interesado nos aconteceres políticos e chamábame con moita asiduidade nos períodos nos que fun alcalde. O interese era recíproco, pois era un placer e unha gran axuda escoitar os seus sempre prudentes e acertados pareceres. Esta circunstancia potenciaba os nosos encontros aos que asistía tamén en ocasións Jorge, a súa inseparable parella.

Domingos foi alcalde, deputado, vicevaledor do pobo, pero sobre todo foi unha persoa sensible, afable e cariñosa. O seu tremendo acervo político acumulado sempre o puxo a disposición dos demáis co único compromiso de que servira para facer de Galiza un país de seu.

Domingos debe ser un referente ético permanente para todas as persoas que desde o ámbito do gelegusimo e do nacionalismo queiran contribuir a construir unha sociedade mellor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine