O "Entroido fuxidíoEntroido ", a época do ano na que todo está permitido e onde non hai máis obriga que render homenaxe a don Carnal rematou onte na Coruña coa queima do Momo e coa sardiña, mollada polas ondas da praia de Santo Amaro. O "Entroido fuxidío", así lle chamou onte o Momo, mentres abandonaba o seu trono, ese que estrea cada ano e que lle serve para ver, desde arriba, todo o que pasa na cidade, mais tamén que lle permite "bailar só" ou "en parella" cando as comparsas saen á rúa.

Na comitiva que entrou no Campo da Leña para que sardiña e Momo se atopasen e marchasen xuntos cara ao seu final non faltaban as viúvas de pelo azul e flores na man, tampouco os músicossardiña Momo tocando Paquito el chocolatero, unha Brancaneves pequena e varios homes vestidos coa roupa roubada ás súas nais. Agardaban alí, xa fronte ao Momo, membros de comparsas da cidade, como Pantaleón e Os Maracos. No seu discurso de despedida, o deus Momo -que este ano levaba as caras do alcalde, Xulio Ferreiro, e do concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande- quixo convidar aos veciños e veciñas da cidade a que foran "ao teatro", a que non se esquecesen da programación "do Fórum, do Ágora, do Rosalía e do Colón" e, por suposto, que tampouco deixasen no esquecemento "as festas de María Pita".

17

La quema de Momo y el entierro de la sardina cierran el Entroido 2018 en A Coruña

Xa abaixo, na plataforma que o ía levar a Santo Amaro, Ferreiro e Sande -vestidos con chaqueta e chapus negros- inmortalizáronse con quen, durante o Entroido, "goberna" na cidade.

Cando xa estaba a piques de marchar a comitiva fúnebre, a iso das nove e cuarto da noite, unha furgoneta de Protección Civil, que entraba no Campo da Leña arrolou dúas persoas que xa estaban abandonando a praza. Eran un home e unha muller que manifestaron que non estaban feridos, aínda que levaran un golpe. O condutor da furgoneta explicou que lle fallaran os freos e que, en canto puido meteu o freo de man para inmobilizar o vehículo.