03 de abril de 2018
03.04.2018
Pancho Casal Membro de Podemos e Deputado no Parlamento galego por En Marea

"Podemos ten presenza activa na cidade e pensamos que ten que estar presente na lista"

"Haberá que facer algo que garanta que o equipo de goberno sexa o máis axeitado posible pero iso hai que conxugalo con que todos os espazos estean representados"

03.04.2018 | 17:21
Pancho Casal.

Logo da votación interna dos inscritos de Podemos na que o 86% dos participantes da Coruña se posicionou en favor de que a forza política concorra ás vindeiras eleccións municipais en coalición con outras forzas de cambio, comeza o camiño cara a esa confluencia. O membro de Podemos e deputado de En Marea no Parlamento Galego, Pancho Casal, explica que opcións hai para a configuración da candidatura.

- Como encaran as eleccións municipais agora que as súas bases dixeron que queren ir en coalición con outras forzas, neste caso, con Marea Atlántica?

-Estamos moi satisfeitos da resposta da xente, xa que votaron máis de 600 persoas, vese que a xente ten interese no asunto e o 86% votou a favor de formar unha coalición con plataformas municipais para conformar unha candidatura conxunta. Na pregunta xa ía implícito que, nos lugares onde houbese unha marca consolidada, Podemos non ía pedir ir co seu nome nas papeletas. Todo o mundo dá por feito que Marea Atlántica é unha marca consolidada, que está gobernando, e iso non sería un condicionamento para chegar a un acordo. Neste momento, os militantes activos na Coruña [os que entraron no último ano nalgunha web ou aplicación de Podemos para participar nalgún proceso ou consulta] son uns mil, así que, a participación foi superior ao 60%.

- Unha cousa é non esixir que o nome vaia na papeleta e outra non pedir ou non negociar que teñan representantes na candidatura, como repartirán os espazos?

-Iso é un tema do que hai que falar. Nas anteriores eleccións non ía ninguén de Podemos e iso non impediu que Podemos apoiase de maneira masiva a Marea Atlántica, porque así o decidiron os inscritos. A diferencia é que agora si que nos presentamos. En Podemos haberá primarias e despois haberá que negociar para facer unha candidatura na que todos esteamos presentes.

- E como o van facer?

-Iso non me corresponde a min dicilo, decidirase segundo vaian avanzando as conversas entre as diferentes forzas do noso espazo. Hai moitas posibilidades, por exemplo, que cada forza faga as súas primarias e elixa ao seu candidato e que despois se chegue a un acordo, ou que cada espazo elixa os seus candidatos e que despois fagan unhas primarias conxuntas e que entren a votar as bases de todos os espazos... Ese parece que vai ser o camiño que se elixa en Ahora Madrid e a min non me parece mal. O importante é chegar a acordos no programa electoral, detectar entre todos as problemas da cidade e darlles unha alternativa, traballar niso creo que é moi construtivo porque somos forzas complementarias que poden estar presentes nesa candidatura municipal e, despois, claro que é importante para a xente saber quen vai defender esas propostas.

- Facer unha candidatura pechada está enriba da mesa ou que se configure como a da Marea Atlántica no 2015 [con varias listas nas que entraron integrantes de varias formacións]?

-En Podemos, as primarias son sempre abertas porque nos parece a maneira máis democrática. É certo que os deputados electos non teñen que ser os que formen o goberno, pero nas eleccións municipais si que son os concelleiros elexidos os que forman o goberno. É unha diferencia que hai que ter en conta. Eu respecto o posicionamento da Marea Atlántica pero haberá que facer algo que garanta que o equipo de goberno sexa o máis axeitado posible e aí o candidato a alcalde ten moito que dicir porque é o responsable máximo dese equipo, pero hai que poder conxugalo con que todos os espazos estean representados.

- Entón non se podería reeditar a lista cos concelleiros que están actualmente gobernando porque non hai ninguén de Podemos [na candidatura de 2015 o seu primeiro representante ía de 13]?

-A nós iso, en principio, parécenos que... O ideal sería que sacaramos catorce ou quince concelleiros e que houbese máis oportunidades para todos. Ademais iso xa se viu na votación, nos documentos de En Marea votaron 146 persoas, nesta consulta de Podemos, 618. Non é o mesmo, pero ninguén pode eludir que Podemos ten unha presenza activa na cidade da Coruña e nós pensamos que esa incidencia, sobre todo nos sectores laborais e nos barrios, ten que estar presente na candidatura e creo que iso calquera o pode entender.

- O posto no que vai cada un dos candidatos é determinante...

-Si, por iso me gusta a idea de que as segundas primarias que, por forza, deberían ser abertas, determinen a orde da candidatura porque, se non é así, quen o vai facer? un grupo de persoas que o deciden entre elas? Iso parece, en principio, menos democrático, respectando sempre que a xente que vaia na candidatura ten que ser a axeitada para cubrir todas as áreas de goberno. Iso é necesario, pero tanto en economía, asuntos sociais, mobilidade... todas as forzas políticas temos xente preparada e, no noso caso, moi preparada para asumir esas responsabilidades.

- Teñen un calendario con prazos para a negociación?

-Non. Podemos vai explicar nas vindeiras semanas ou días como será o proceso e cales serán as datas. Estamos á espera, pero non será dentro de moito tempo para poder levar un proceso de maneira tranquila e relaxada e para poder cumplir o mandato dos inscritos de Podemos.

- E se as outras forzas non queren ir con Podemos?

-Ese escenario non o contemplo, dou por feito que, na Coruña, todos os espazos de cambio queren que Podemos estea nese acordo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CONTENIDO PATROCINADO

​​Apúntate al evento, que se celebrará en A Coruña el próximo 26 de abril, para generar las mejores oportunidades a los profesionales gallegos​

 
 

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


En diciembre de 2018 el Circo del Sol representará su espectáculo OVO en A Coruña. Para celebrarlo en La Opinión sorteamos un pack de productos del mismo (taza, lámpara y bolsa)
¡Participa!

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine