O Coliseum bailou onte ao ritmo do Rei da bachata, Romeo Santos, que presentou o seu novo disco Golden. Pero para algunhas afeccionadas, escoitar as súas cancións non era suficiente, querían estar na primeira fila. Para conseguilo, chegaron á porta do multiusos coruñés a noite anterior -o martes-, puxeron a tenda de campaña e durmiron alí. Levaron mantas, bocadillos e bebidas para facer a espera moito máis amena. E menos mal que non foi unha noite chuviosa. Polo día, xa preto da hora do inicio do espectáculo, chegaron máis persoas para facer cola e contar os minutos para ver a Santos.