A Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestrucuración Bancaria (Sareb) presentou un recurso xudicial contra a decisión do Concello de declarar caducada a licenza de dun edificio de vivendas no lugar da Fontenova. O Goberno local xa rexeitara o recurso de reposición que formulara o tamén coñecido como banco malo, que se fixo con este inmoble cando foi incluído entre os activos tóxicos de Caja España, a entidade financeira que o financiou e que quedou con el trala quebra da promotora Teconsa.

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá o persoamento do Concello no recurso da empresa. O edificio está construído só nun 25%, aínda que a carón do mesmo hai outro da mesma promoción que está case rematado e que foi okupado durante meses no ano 2012.

O Goberno local tamén defenderá no xulgado a denegación dunha licenza de rehabilitación e agrupación funcional de dous edificios da rúa San Agustín, tralo recurso presentado por Inversiones Sanpe contra esta decisión.