EUME

Confrontación

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

.

EMILIO SALORIO. Os últimos acontecementos na política eumesa amosan unha clara estratexia de confrontación ca Xunta de Galicia por parte do Goberno local, que se concreta na férrea oposición á construción da galescola -inversión comprometida por parte da Vicepresidencia da Xunta-, deixando aos eumeses sin unha instalación importante e tan necesaria para aumentar a oferta da escolarización de 0 a 3 anos; a oposición a que se cumpra a normativa lingüística na gardería infantil, incumprindo os decretos da Consellería; e o que é mais escandaloso, opóndose a unha inversión inmediata de tres millóns de euros para a remodelación da fachada marítima.

Ante a demanda dalgunha iniciativa política sacáronse da manga o recheo, agora a plataforma (de risa), sen contar con ninguén, nin cos colectivos afectados. Este tema xa estaba plantexado polos gobernos locais anteriores, pero dende unha posición constructiva e non de confrontación, sempre suxeta aos informes técnicos competentes, recibindo a negativa, en base a estes, por parte de Portos de Galicia cando o rexía o Partido Popular e agora tamén, co actual bipartito.

O tema dos aparcadoiros en Pontedeume non se pode solucionar dende as ocurrencias: agora foi o recheo e mesmo podería ser o derrube dos almacéns de Raxoi, ou desfacerse dos xardíns de Lombardero, etc. Os aparcamentos só poden ter solución no marco do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que compre retomar xa. Non hai ningunha iniciativa neste tema a pesares de ter o informe da Xunta dende hai catro meses.

Estas actitudes obedecen a que se atopan fortes, pois contan co apoio e a sumisión a esta política de confrontación dos seus amigos do Círculo de Opinión Eumés (COE), xa que este matrimonio non se divorciou nunca e haberá novos intentos de entendemento, mesmo coas adicacións exclusivas.

Os ideólogos da dereita equivócanse: o camiño da confrontación non traerá nada bo para os intereses dos eumeses, só valerá como cortina de fume para ocultar a súa ineficacia.



Emilio Salorio es ex concejal del BNG en el Concello

de Pontedeume

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009