Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Agustín Fernández Paz: ´Faríanme falta varias vidas para relatar as historias que quero´

Fernández Paz, a quen hoxe homenaxea a Asociación de Escritores en Lingua Galega, retrata a dor dunha nena senegalesa inmigrada en Vigo na súa última obra, 'Lúa de Senegal'

 
Agustín Fernández Paz coa súa última obra. / carmen giménez
Agustín Fernández Paz coa súa última obra. / carmen giménez 

MAR MATO | A CORUÑA Tras o éxito de O único que queda é o amor, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008, Agustín Fernández Paz retornou á súa liturxia de papeis amarelos para escribir. Desta vez, unha nena de dez anos vida de Senegal a Vigo e de nome Khoedi plantexa a dor do desarraigo dos inmigrantes en Galicia, o espazo que ela e outros personaxes califican como o país das ausencias. A escasas horas de ser homenaxeado como O escritor na súa terra pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, Fernández Paz profundiza sobre a súa última obra, Lúa de Senegal (editado por Xerais e que conta con belísimas ilustracións de Marina Seoane).

-Lúa do Senegal, un título ao que se fai referencia case en cada páxina do libro e mesmo no ritmo de narración.

-É un título que me veu pronto á cabeza cando me metín na historia. Á protagonista, cando chega a Vigo, todo lle parece dististo. O único que recoñece como igual é a lúa que brilla pola noite; ese é o leitmotiv que marca paso de tempo. A lúa serve de conexión coa realidade que deixou e a que se atopou. Ademais, a lúa marca tamén o ritmo da narración ao seguir as súas fases tomadas de tres meses do ano pasado.

-Onde comezou a tirar do fío para esta obra?

-Os libros case nunca xorden dun único fío. Recordo do meu caderno de notas a primeira imaxe que anotei sobre un emigrante, non sei de que nacionalidade, de pel negra, traballando no andamio dunha obra. Chamoume a atención. Había tempo que quería abordar o tema da inmigración e apetecíame contalo en forma de historia. Todo acabou plasmándose neste libro.

-Á parte dese obreiro, houbo outros africanos que lle serviron de luz para a narración?

-Non cheguei a coñecer a ningún porque, en realidade, a documentación que conseguín foi amplísima a partir de libros e recortes de prensa que me foron suficientes. Eu o que quería contar realmente era o tema da emigración e escollín Senegal porque parecía atractivo. Tamén falei cunha profesora que estivo cunha ONG na zona e que me deixou ver centos de fotos.

-Conseguir o Premio Nacional de Literatura Infantil supón un listón alto que acaba pesando á hora de crear...

-Non. A novela é unha carreira na que sempre che pesan as carreiras que fixeches antes. Escribir un libro é un novo reto, non inflúen os libros anteriores nin sentes ese peso... Si sentes unha seguridade que é relativa. Esta novela acabou quedando do meu gusto, pero deume quebaradeiros de cabeza.

-O medo ao folio en branco, existe para vostede?

-No meu caso, faríanme falta varias vidas para contar as historias que quero contar. O gran traballo é que as cousas nunca saen á primeira. Chegar á escritura que eu fago, na que busco que o lector se meta nela con sinxeleza, esixe moitos borradores. O medo é cando na primeira redacción ves cousas que están moi verdes e tes que traballalas unha e outra vez, o que finalmente leva meses.

-Que opina de fenómenos literarios como Millennium?

-Sucede a veces; sabes que non sempre é paralelo ás virtudes do libro, pero no caso das obras de Stieg Larsson, paréceme estupendo.

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Cine


Los pantalones subastados de Mark Hamill.
Los pantalones subastados de Mark Hamill.

Subastan los pantalones de Luke Skywalker

La casa de subastas organizadora, Nate D. Sanders, cree que la prenda podría llegar a alcanzar los...

Marion Cotillard posa para los fotógrafos en Cannes.

Marion Cotillard, entre dos hermanos

La actriz protagoniza junto a Clive Owen y Billy Crudrup 'Blood Ties', el estreno en Hollywood de...

El actor canadiense Dan Aykroyd.

Dan Aykroyd dice que ´Cazafantasmas 3´ será una realidad muy pronto

El canadiense ha dicho que no podía dar detalles sobre si Bill Murray y Sigourney Weaver estarán...

Christopher Nolan y Daniel Craig.

Christopher Nolan, ¿de Batman a Bond?

El director está en conversaciones con Barbara Broccoli y Michael G.Wilson, los responsables de la...


El cineasta Bernardo Bertolucci.

Bertolucci: ´El cine encuentra su identidad con cada gran película´

El cineasta, que alcanzó la popularidad y el prestigio con "El último tango en París" (1972),...

Un fotograma de la película 'World War Z'.

´World War Z´, con Brad Pitt, abrirá el Festival de cine de Moscú

El resto del programa se dará a conocer a finales de este mes, según precisa un comunicado de la...

Di Caprio y Mulligan, los protagonistas de la nueva adaptación.

´El gran Gatsby´: Un vacío fastuoso

La nueva adaptación del clásico de F.Scott Fitzgerald no supera los aciertos de la dirigida en...

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 
MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica musical
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
Lo último Lo más leído Lo más votado
Otras webs del Grupo Editorial Prensa Ibérica
 
La Opinión Coruña