Unha viaxe musical á fin de Europa

A pequena localidade norueguesa de Forde celebra durante catro días un evento musical de alto nivel artístico no que os espectadores puideron contemplar a 300 músicos en escena

 01:02  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
A imaxe do cartel do festival proxectada nunha pantalla de vídeo nun dos concertos da sala principal. / L. O.
A imaxe do cartel do festival proxectada nunha pantalla de vídeo nun dos concertos da sala principal. / L. O. 

ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA A comezos de xullo celebrouse en Noruega a vixésima edición do festival folk de Forde, considerado un dos eventos musicais máis importantes de toda Escandinavia, e a verdade é que non nos estraña esa sona que teñen porque a oferta dada aos espectadores resulta de gran calidade e os prezos das entradas non eran demasiado caras para o nivel de vida dos noruegueses.

Hai un detalle revelador do tipo de festival ao que asistimos. Como existen tantas actuacións ao día, e malia que algúns artistas repiten, non hai xeito de contemplar todo o que quixeras e cómpre realizar unha elección á hora de ir aos recitais. Dese xeito foime imposible escoitar a varios artistas aos que tiña ganas de contemplar e que, ao mellor, pasaban a formar parte dos sobranceiros que salientamos nesta páxina. Ocorre o mesmo no Celtic Conenctions escocés, outro lugar onde adoitan coincidir no horario propostas importantes.

A sede central era un recinto multiusos, coas canastras de baloncesto nas alturas, no que se habilitaba un espazo principal para algo máis de dous mil espectadores e logo tiñan tres salas máis pequenas, cunha capacidade duns 200-300 espectadores. Ademais realizaron concertos ao aire libre, aínda que poucos porque lles dá medo a choiva, e iso que nesta edición o tempo foi excelente, entre 20 e 28 graos de temperatura de promedio. Unha igrexa, unha escola e o bar do hotel onde se aloxaban músicos e convidados tamén serviron como palco para actuacións.

Os organizadores estaban ledos polos resultados acadados porque subiron o número de espectadores respecto á edición anterior. Forde, localidade de once mil habitantes, conta para o festival cun orzamento dun millón douscentos mil euros, mais comprobando o que presentaban ao público víase como eses cartos estaban ben empregados, e ademais tendo en conta que hai tres persoas que están en nómina, o que aporta unha profesionalidade que salta á vista e unha capacidade de decisión en canto á dirección artística que logo deixa ver os seus froitos no cartel de contratados. Sería bonito que algo así existise en Galicia, pero as nosas estruturas festivaleiras fican a anos luz e algúns daqueles que pretenderon montar algo serio, e con coñecementos musicais do que se fai no mundo, xa hai anos que non teñen o seu festival.

En canto ao público noruegúes é preciso limpar a mente de tópicos sobre a suposta frialdade nórdica, xa que en todo momento se involucraron co que estaban a presenciar e non escatimaron aplausos en ningún momento aos músicos. Ademais saben incorporar o sentido do humor aos shows. O primeiro que vimos foi o World Voices, as voces do mundo servían como leit motiv do festival, e alí entre as diversas actuacións colocaron un vídeo de presentación dalgunha das formacións participantes nas que facían uso claramente de elementos da comedia, e noutra das galas importantes celebradas no espazo principal recurriron a dous humoristas como presentadores e as gargalladas do público non deixaban dúbida algunha de que o estaban a pasar realmente ben.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009