|
|
|
HEMEROTECA » |
|
O. L. | A CORUÑA
O primeiro que chama a atención nesta artista é a súa voz de seda que dende o primeiro momento fai que poñas todos os teus sentidos na escoita e se ademais a primeira peza, Jo dil, é unha fermosa balada con elementos folclóricos na que soa unha guitarra portuguesa o interese pola obra aumenta. Ata en tres pezas emprega esa guitarra a artista india e o acordeón tamén ten momentos de brillo nun álbum que debemos considerar como irregular, pero que contén tres pezas excelentes e outras tantas de boa factura entre as dez que compoñen esta obra.
A mestura con toques fadistas ven a conta do engaiolamento da india con ese estilo musical. "As vocalistas de fado son tan dramáticas e o estilo vogal do ghazal non ten ese aspecto. Unha vez que desenvoleves unha gran paixón por este estilo fadista nunca tes bastante".
O ghazal, a poesía cantada de India e Persia, é un xénero que tivo moita popularidade no século XIV e que continúa vivo en territorio indio. A cantante manifesta que "debido a que a linguaxe urdu deses ghazales non é a mesma que actualmente está en vigor sentín que podía moverme con certa liberdade no pasado e experimentar un chisco, xa que non existe ningunha noción preconcebida de como debían ser cantadas".
En canto á fusión efectuada con sonoridades fadistas, existe unha ligazón fundamental entre estes mundos en apariencia tan antagónicos. "A meirande parte dos ghazals falan sobre as paixóns románticas, un tema común é o do amante e o amado. O amante sempre está devecendo polo amado, pero este é, a miúdo, inalcanzable". Esas receracións amorosas tinxen toda esta obra de Kiran Ahluwalia, que foi recoñecido recentemente pola revista Songlines como o mellor traballo dun artista novel, e non lle faltan valores a este álbum. A artista sabe moverse con soltura no seu mundo e o engadido fadista funciona de xeito harmonioso. Mesturando ritmos rápidos, aptos para o baile, e baladas con certo aire místico, que resultan o máis frouxo do disco, a cantante vai tecendo unha proposta estética atraínte na que mantendo a raíz folclórica india pode derivar ata un tipo de sonoridade de escoita moi doada aínda para aqueles que nunca escoitaron música da India.
|
|
Centrarse en relaciones y personajes femeninos de fuerte carácter, en vez de mostrar sólo acción,...
Quim Gutiérrez, José Coronado, Marta Etura y Leticia Dolera ya están inmersos en el rodaje de la...
Aunque el director Benoi Jacquot, un ilustre desconocido en España pese a que ha dirigido una...
La cadena de entretenimiento apunta en un comunicado que Cruz es candidata por su papel en...
Ya tenemos aquí el trailer final en español de Men in Black 3, el regreso de los hombres de negro...
El 22 de junio llega a las pantallas españolas 'Tengo ganas de ti', la secuela de 'Tres metros...
Junto a Johnny Depp y Eva Green, en ´Dark Shadows´ veremos otro buen puñado de caras conocidas
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||