|
|
|
HEMEROTECA » |
|
ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA Con Quique Almendros sempre no corazón, membro fundador da banda que sofreu un derrame cerebral no ano 2004 que o afastou dos escenarios, La Musgaña presenta unha nova obra na que volven ofrecer as claves musicais que os fan permanecer como un grupo folk de referencia para aqueles que pretendan actualizar o folclore de Castela. A desgraza acaecida a Almendros fixo incorporar de pleno dereito á formación a dous novos músicos, que veñen aportando o seu bo facer ao conxunto. Trátase do violinista Diego Galaz e o acordeonista Jorge Arribas, que se uniron neste proxecto a Jaime Muñoz e ao galego Carlos Beceiro.
Ritmos como seguidillas, jotas, charradas, pasodobles, dianas e charros forman parte do repertorio incluído nesta nova obra, na que se amosa unha vez máis a solidez característica da banda. Quizais non sexan especialmente brillantes, pero saben moverse con gusto e criteiro entre todos eses elementos folclóricos que empregan e sempre tiveron moi claro como manexarse entre a tradición aportando os toques modernos precisos nos arranxos para actualizar o que provén do pasado e adaptalo á estética folk. Nesta obra procuraron que o son reflectise o máis fielmente posible o directo da banda e por iso gravaron nunha soa toma en estudo os catro músicos e logo escolleron a toma que máis lles gorentaba. Vinte e un anos de existencia dan para moitas idas e vidas e La Musgaña é unha formación que xa sabe o que é realizar xiras polo estranxeiro e en outono volven pisar terra estadounidense, un país que os acolleu con agarimo. Como acontece cos músicos galegos, o conxunto debeu afrontar no ano 2003 as variacións sufridas na industria discográfica e deberon montar o seu propio selo, chamado Lubicán, para sacar a súa obra e deixar noutras empresas o traballo da distribución do álbum, que agora realiza Karonte.
As boas sensación que deixaron ao comezo da súa carreira víronse ratificadas cunha traxectoria sen présas á hora de elaborar discos, este só é o sétimo na súa andaina, pero pensando ben os pasos a dar para afortalar a traxectoria do grupo, que ten o seu momento discográfico máis sobranceiro na edición do álbum en directo, con varios convidados en escena, que conmemoraba os dez anos de vida da banda.
|
|
Jane Fonda, Eva Longoria, Bruce Willis o Alec Baldwin y su novia española fueron objetivo de los...
El actor promociona en España 'Hijos de las nubes. La última colonia', un documental sobre el...
La actriz encará a una psiquiatra forense especializada en desenmascarar a los acusados de varios...
El polifacético actor se convierte en Barnabas Collins, un vampiro de estética burtoniana, en la...
La comedia domina la apertura del festival de cine de Cannes, con la fantasía infantil Moonrise...
La actriz ha hecho estas declaraciones durante la presentación de su última película en Londres,...
El actor, que encarna a 'Iron-Man' recibirá 50 millones de dólares por su papel en la película...
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||