|
|
|
HEMEROTECA » |
|
REDACCIÓN | A CORUÑA
Nun momento delicado da súa carreira, o público español acolleu con entusiasmo a proposta musical do escocés Alasdair Fraser e por iso o violinista garda un agarimo especial a aeste territorio e comenta sentirse emocionado "pola enerxía co que renaceu a música do norte da Península. Semella que as novas xeracións tocan con orgullo e iso está latexante sobre todo en Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia", asegura Fraser.
O músico escocés xa colaborou con Mercedes Peón, Hevia, Kepa Junkera e o grupo asturiano Tejedor, e o resultado pode comprobarse no álbum en directo da banda Skyedance, publicado no ano 2000. "Encántame o feedback continuo cos espectadores e a paixón, a ledicia e a arte que respiro en cada un dos concertos. Apórtame unha enorme forza", recoñece Fraser, quen agora está implicado nos concertos que realiza canda a violonchelista estadounidense Natalie Haas.
O artista adoita dicir que o seu violín soa en gaélico. "O instrumento ten a habelencia de falar moitos idiomas. Pode comunicar cousas diferentes segundo a cultura de que se trate". Fraser defende que a música tradicional e a académica "non teñen por qué estar rifadas, aínda que as veces o pareza. O importante é o que se quere expresar, tocar para diferentes estados de ánimo, para bailar, para reflexionar, para crear máis... En resumo, tocar para a vida".
Dende hai anos adica parte do seu tempo a impartir cursos de formación en Estados Unidos, en Escocia e agora tamén en España, porque sente a necesidade de transmitir os seus coñecementos. "Ensinar faime formular novas preguntas, que dan respostas que, á súa vez, xeran outras preguntas. E, ademais, gústame compartir o que me vou atopando", explica Fraser.
|
|
La parodia irá cargo de los especialistas Jason Friedberg y Aaron Seltzer, que llevará por título...
Poquer de estrellas para 'Married and Cheating', la nueva comedia que estará protagonizada por...
Baron Cohen llegó a la alfombra roja disfrazado de dictador de la República de Wadiya, país del...
Tim Burton vuelve a apostar por el actor de Kentucky en ´Sombras Tenebrosas´
'Sombras tenebrosas' y 'Un lugar donde quedarse' llegan a los cines este fin de semana
Rodará una película sobre el general francés de origen judío condenado erróneamente por espionaje
Sobre los cimientos narrativos del libro del propio Momon, en una versión «libremente inspirada»...
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||