Música de raíz 

O grupo Brañas Folk vén de publicar o seu segundo traballo discográfico

Esta obra conta con numerosas colaboracións, entre as que atopamos ao arranxista Pancho Álvarez e ás cantantes Sonia Lebedynski, Mónica de Nut, Uxía Senlle e Laura Amado

 02:05  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Compoñentes da banda Brañas Folk. / pai
Compoñentes da banda Brañas Folk. / pai 

ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA Manuel Brañas é un músico veterano na escena musical do folk, xa que foi parte integrante do grupo Arco da vella, formación que publicou catro traballos ao longo da súa andaina. Xa alí exercía como cerebro da formación e no ano 2002 creou Brañas Folk. Despois de cinco anos de espera veñen de editar o segundo álbum, Alalá do cebreiro, un traballo no que contan con numerosas colaboracións. As máis chamativas resultan as presenzas de catro cantantes para dar voz a unha formación que mestura cancións cos contidos instrumentais. Para esa función escolleron a Uxía, Sonia Lebedynski, voz de Fía na Roca, que interpreta un texto de Ramón Cabanillas; Laura Amado, coñecida pola súa colaboración con Milladoiro, quen canta un texto escrito por Rosalía de Castro, e finalmente contaron con Mónica de Nut para unha canción tradicional.

Outra colaboración importante nesta obra é a de Pancho Álvarez, que realiza arranxos en cinco das pezas incluídas neste traballo da banda.Ademais tamén participa a Coral de Ruada no tema Canto das chirimías da catedral de Santiago. Esa é unha achega medieval dentro dun disco no que tamén aparece a influenza céltica en Giga de Harry, pero no que fundamentalmente se centran en realizar arranxos de pezas tradicionais e aportar algunha composición propia, onde contan con Olga Brañas, filla de Manuel, que compuxo tres cortes deste álbum, ademais de elaborar algún arranxo propio para esta nova obra do conxunto.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009