REDACCIÓN | A CORUÑA
O álbum As Serpes Cegas, editado por BD Banda, conta con tres candidaturas nos Premios da Crítica 2009. A obra do mallorquín Bartolomé Seguí e do valencián Felipe Hernández Cava opta a recibir os galardóns a Mellor obra nacional, Mellor debuxante nacional e Mellor guionista nacional.
Os premios da crítica, convocados pola revista Dolmen, recollen anualmente as preferencias de críticos e especialistas de BD de todo Estado, e están unanimemente recoñecidos entre os máis prestixiosos, canda o Premio Nacional do Cómic e os premios do Saló del Cómic de Barcelona.
Precisamente, As Serpes Cegas xa fora recoñecida nesta última cita, no pasado mes de maio, cos galardóns á mellor obra e ao mellor guión. O álbum quedara tamén finalista nos premios que outorgan os libreiros franceses e colleitou unha crítica unanimamente positiva en medios especializados de todo o país.