Humoristas

Mucha E Nucha: ´Para as vodas imos á perruquería a poñer un recollido e vestímonos de gala´

"Compramos na feira e no Corte Inglés pero mamá é das que esconden os cartos na viga"

 02:25  
Una imagen de Mucha, co seu vestido rosa, e Nucha, coa súa toca negra.
Una imagen de Mucha, co seu vestido rosa, e Nucha, coa súa toca negra. Eduardo Vicente.
 NOTICIAS RELACIONADAS

A retranca e a ausencia de complexo algún son a clave do humor de Mucha e Nucha, que tiveron como trampolín á fama as súas aparicións dos venres no programa 'Luar', aínda que xa levan sete anos facendo rir a todo tipo de público, "aldeáns" e "urbanitas", sen distinción de clases e sen reparo, por escenarios de festas, teatros, 'pubs' e locais sociais. Este verán, as personaxes interpretadas por José Touriñán e Marcos Pereiro convertíronse nun auténtico fenómeno que desborda os aforos previstos en toda a xeografía galega

SELINA OTERO | A CORUÑA Levan dous meses de xira por toda Galicia arrastrando con eles unha procesión de coches e gruppies tipo romería que acaba rompendo toda previsión do aforo calculado polas comisións de festas. Son, sen dúbida, o fenómeno do verán, con máis de sesenta actuacións concentradas en oito fins de semana en vilas da Coruña, Pontevedra e Lugo, principalmente; cun caché e unha ovación que en nada envexa á París de Noia, á Olympus, a Carlos Baute ou a Coti. A revolución de Mucha e Nucha viuse multiplicada polo efecto Luar (coas súas actuacións de cada venres na TVG), non obstante, estes personaxes xa teñen sete anos de vida, por escenarios de festas, teatros, pubs e locais sociais. O segredo do éxito: a retranca, o dicir sen querer dicir, o rexoubeo. En definitiva, o traslado desde a cociña ou o sobrado ata os escenarios e as pantallas de conversacións con moita sorna: diálogos dun imaxinario galego máis que real. Elas son Mucha e Nucha e atraen a públicos de todas as idades. Os seus chistes, a través da mirada do rural, fan rir a "aldeáns" e "urbanitas". Sen distinción de clases, sen reparo e sen complexos.

-Criadas na mesma casa, na casa da Conexa, unha foi á escola e outra non. Por que Nucha sempre corrixe a Mucha?

-Mucha (José Touriñán): É que ela estudou ata sexto, porque valía pa estudar. Eu coñezo moitas palabras pero non sei moi ben onde poñelas. Confúndome. ¿Entendes?

-Nucha (Marcos Pereiro): Ela sempre quixo estar cas vacas e na familia sempre o respetamos. Dáselle moi ben a agricultura.

-Dáselle mellor que o inglés.

-M: É que me trabo. Aos estranxeiros haille que falar berrando, coma se foran xordos, porque así entenden mellor.

-N: Eu aprendín inglés nun curso CCC. En tres meses listo, cun walkman e deféndome ben. Sen problema.

-Mucha, por que acaba dicindo o que non quere dicir?

-M: Porque as palabras sáenme do estómago e véñenme á boca antes de pasar pola cabeza. Miña irmá sempre me di que teño que ir ao xinecólogo ou ao oculista. Xa non me acordo.

-N: Pobriña. Eu trato de protexela pero sempre me fai pasar vergoña. Un desastre.

-Non teñen máis roupa que esa? Sempre levan a mesma!

-M: Porque é a roupa de traballar e ata que non se gaste non se pode comprar outra. Os venres botámola para lavar.

-N: Esta é a roupa de faena, a de gala é para vodas e festas.

-Van algo á perruquería ou teñen unha interminable trenza debaixo das pañoletas?

-M: Eu vou á perruquería cando teño unha voda ou un bautizo e fago un recollido. Hai pouco fixen a permanente, pero non me convence moito.

-N: Eu tamén fago recollidos. Encántanme.

-Cales son os seus actores preferidos?

-M: Chuck Norris, Alfredo Landa, Paco Martínez Soria e Mackaulay Culkin, o de Solo en casa. É noviño pero gústame igual, é moi simpático.

-N: Bruce Lee, Leonardo DiCaprio e toda a saga de Superman. Bueno, tamén teño un póster na habitación do Duque e gústame Martiño Rivas, anque sexa moi novo para unha muller coma min.

-Onde mercan, na feira ou nos grandes almacéns?

-M: Depende. En todos os lados. No feirón e máis no Corte Inglés. Tamén en Inditex, que teñen unhas zapatillas retro agora de cadros que nos van moi ben. Tamén teño un traxe do ano 92 para as bodas, precioso, de gala. Somos consumistas.

-N: Si, gústanos moito gastar. Eu, a roupa interior na feira, claro. As semillas nas tendas de agricultura e a tecnoloxía nos grandes almacéns.

-Danlle algo á mamá Conexa?

-Ambas: Algo pero pouco, que nós queremos ir á discoteca e gastar en roupa e ela é das que esconde os cartos na viga. Non entende a nosa vida nin o éxito. Emociónase, chora moito e molla as zapatillas.

-Que len?

-M: Eu miro as fotos namais, que non vexo ben e as letras fanme mal nos ollos.

-N: O semanal dos domingos, a Hola, a Cuore. Gustaríame ser coma a Obregón ou a Pantoja.

-A onde lles gustaría ir de vacacións?

-M: Ás Cíes ou a un safari a África, de caza.

-N: Ao Courel ou a Xapón, que alí pega ben o noso look.

-Cal é a súa palabra preferida en galego?

-M: foguete.

-N: bolboreta e uralita.

-A que concurso da tele irían?

-M: Eu á illa esa dos famosos, comer bichos, pescar e facer lume e esas cousas.

-N: Eu prefiro Guaypout.

-Vivirían na cidade?

-M: Non, non. Coma Ardebullo non hai nada. Na cidade a xente non se preocupa unha da outra, non lle sabe a vida. Nós temos todo controlado e con internet non nos falta nada.

-N: Non. Nunca entendín o de vivir uns encima dos outros.

Mucha e Nucha crearon todo un universo imaxinario que conseguiron trasladar ao público a través dos seus monólogos cheos de humor e de guiños aos seus seguidores. Trátase dun mundo irreal; unha inexistencia que moitos galegos e galegas non aceptan e tratan de ubicar, sen éxito, no mapa de Galicia. "Xa sei onde queda Ardebullo, está en Lugo, na Terra Cha", comentan os fans das cantareiras. Segundo José Touriñán (Mucha), "hai xente que no lo di en serio, como cando nos piden: 'fírmame un autógrafo para o meu neno de cinco meses, que vos ve todos os venres'... '¿Será para vostede señora?". "Sempre é un amigo dun amigo, non sei por que", engade Mucha.

Son as fillas máis famosas da Conexa, alcume que recibe a súa nai (a explicación é mellor evitala). Como contan na súa web ardebullo.com, a mamá, a madriña, Pepucha, Gelucha, Carmucha, Mucha e Nucha son unha familia de mulleres moi peculiar. Carmucha tamén é cantareira pero sempre falta ás actuacións: "Un día quixo vir con tan mala sorte que quedou atrancada na porta". Na súa ficticia aldea, que todo o mundo se empeña en facer real coma unha especie de complexo relacionado coa esencia dos Reis Magos ou do Ratiño Pérez, só está a súa casa (a da Conexa), a igrexa do Padre Nicanor, moi presente en todos os seus monólogos, unha tenda e a Taberna de Pepe, onde as conexas paran e toman o seu "Sol y Sombra" diario para manterse en boa forma. "O Padre Nicanor quérelle moito a mamá. É que papá morreu dous anos antes de que nacera a irmá máis vella e o Padre Nicanor sempre estivo aí, axudándonos en todo. Anque, se che son sincera, eu son máis do Padre Casares...", conta Mucha cun sonriso picarón. En Ardebullo (unha palabra inventada que derivou de Berdillo, un lugar real do Concello de Carballo de Bergantiños-A Coruña) teñen internet. "Non temos inda moita capacidade, vai vindo amodo pero polo menos chega. Eu vexo todo en internet, os vídeos todos colgados, está todo alí, é un mundo", engade Mucha. Lembra cando foron de excursión a Madrid: "Encantoume o zoo e o Retiro, pero é unha pena todo o terreno que teñen para traballar e non plantan nada".

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 

Cine

André 3000 protagonizará 'All Is By My Side'.
André 3000 protagonizará 'All Is By My Side'.

André 3000 será Jimi Hendrix

La cinta 'All Is By My Side' contará los años que pasó el mítico guitarrista en Inglaterra, donde...

Thor y el Capitán América en 'Los Vengadores.

Superhéroes, también para ellas

Centrarse en relaciones y personajes femeninos de fuerte carácter, en vez de mostrar sólo acción,...

Cartel promocional de la película.

´Los últimos días´ empiezan a andar

Quim Gutiérrez, José Coronado, Marta Etura y Leticia Dolera ya están inmersos en el rodaje de la...

Adiós a la reina.

Adiós a la reina: Los otros ojos de la Historia (por A. Dopazo)

Aunque el director Benoi Jacquot, un ilustre desconocido en España pese a que ha dirigido una...

Penélope Cruz en 'Piratas del Caribe'.

Penélope Cruz, nominada junto a Zoe Saldaña a los MTV Movie Awards

La cadena de entretenimiento apunta en un comunicado que Cruz es candidata por su papel en...

El cartel de Men in Black 3.

Disfruta del tráiler final de Men in Black 3

Ya tenemos aquí el trailer final en español de Men in Black 3, el regreso de los hombres de negro...

El cartel de la película.

Póster final de ´Tengo ganas de tí´: Mario Casas tendrá que elegir

El 22 de junio llega a las pantallas españolas 'Tengo ganas de ti', la secuela de 'Tres metros...

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica de cine
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya