Un universo nacido dunha aldea imaxinaria

 02:25  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

S.O. | VIGO Mucha e Nucha crearon todo un universo imaxinario que conseguiron trasladar ao público a través dos seus monólogos cheos de humor e de guiños aos seus seguidores. Trátase dun mundo irreal; unha inexistencia que moitos galegos e galegas non aceptan e tratan de ubicar, sen éxito, no mapa de Galicia. "Xa sei onde queda Ardebullo, está en Lugo, na Terra Cha", comentan os fans das cantareiras. Segundo José Touriñán (Mucha), "hai xente que no lo di en serio, como cando nos piden: ´fírmame un autógrafo para o meu neno de cinco meses, que vos ve todos os venres´... ´¿Será para vostede señora?". "Sempre é un amigo dun amigo, non sei por que", engade Mucha.
Son as fillas máis famosas da Conexa, alcume que recibe a súa nai (a explicación é mellor evitala). Como contan na súa web ardebullo.com, a mamá, a madriña, Pepucha, Gelucha, Carmucha, Mucha e Nucha son unha familia de mulleres moi peculiar. Carmucha tamén é cantareira pero sempre falta ás actuacións: "Un día quixo vir con tan mala sorte que quedou atrancada na porta". Na súa ficticia aldea, que todo o mundo se empeña en facer real coma unha especie de complexo relacionado coa esencia dos Reis Magos ou do Ratiño Pérez, só está a súa casa (a da Conexa), a igrexa do Padre Nicanor, moi presente en todos os seus monólogos, unha tenda e a Taberna de Pepe, onde as conexas paran e toman o seu "Sol y Sombra" diario para manterse en boa forma. "O Padre Nicanor quérelle moito a mamá. É que papá morreu dous anos antes de que nacera a irmá máis vella e o Padre Nicanor sempre estivo aí, axudándonos en todo. Anque, se che son sincera, eu son máis do Padre Casares...", conta Mucha cun sonriso picarón. En Ardebullo (unha palabra inventada que derivou de Berdillo, un lugar real do Concello de Carballo de Bergantiños-A Coruña) teñen internet. "Non temos inda moita capacidade, vai vindo amodo pero polo menos chega. Eu vexo todo en internet, os vídeos todos colgados, está todo alí, é un mundo", engade Mucha. Lembra cando foron de excursión a Madrid: "Encantoume o zoo e o Retiro, pero é unha pena todo o terreno que teñen para traballar e non plantan nada".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009