|
|
|
HEMEROTECA » |
|
O. L. | A CORUÑA
Na súa segunda edición, o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA recaeu en Antón Corral, quen sucede a Emilio Cao no palmarés.
O gañador naceu na Coruña o 11 de xullo de 1936 e aos dous anos de idade a súa familia trasladouse á aldea lucense de Santa Marta. Tres anos máis tarde marcharon a Lugo, cidade na que pasou toda a súa infancia. O son da gaita e da música tradicional chamou a súa atención dende cativo e o primeiro grupo que montou chamábase Os Garabullos do Alto.
Anos máis tarde formou parte de grupos prestixiosos como Os Modernos de Lugo e Os Montes de Lugo. Naquela época tamén principiou a súa inclinación á docencia e impartiu clases de gaita na asociación Cantigas e Frores. Corral lembra os moitos quilómetros feitos en bicicleta no traxecto dende Lugo a Luaces e Pol para ensinar as claves do instrumento máis representativo de Galicia.
Principiou como gaiteiro, seguiu como docente e aínda comezou outra actividade ao redor da gaita, posto que se fixo construtor deste e outros instrumentos. Logo dunha curta estadía en Ortigueira, Corral asentou a súa vida en Vigo, a onde chegou en 1983. Alí fixo un gran labor como mestre e artesán do Obradoiro Escola de Instrumentos Populares, onde estudaron músicos que agora son de primeira liña e no que se editou un disco dobre que se constituiu nun referente na música galega. Este home tamén fundou a banda de gaitas Xarabal, unha das de maior prestancia en Galicia e por toda esta bagaxe o xurado composto polos xornalistas Xoán Manuel Estévez, Óscar Losada e o grupo Lizgairo decidiu outorgarlle por unanimidade o galardón.
|
|
Tras convertirse en el estreno más exitoso, han traspasado la barrera de los mil millones de dólares
Desde la resurrección del vampiro, que es el factor clave que justifica la historia, en la...
México, Brasil, Argentina y Colombia desfilarán por la alfombra roja de uno de los eventos...
El narcotráfico, la corrupción policial, el muy deficiente sistema educativo y las desigualdades...
La película relata la rocambolesca historia de Cuatro cincuentones, amigos de la infancia se...
La versión del año 76 tuvo a Sissy Spacek y Piper Laurie como protagonistas y sus interpretaciones...
La película narra la historia de una adolescente que utilizará sus poderes telequinésicos para...
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||