FÚTBOL
Gala no Teatro Colón

Os Premios Opinión renden tributo a Milladoiro esta noite

Os pioneiros do folk galego recibirán unha homenaxe musical dos artistas participantes na gala de entrega dos VIII PREMIOS OPINIÓN, que rematará cun concerto de Lizgairo

 08:17  
Os Premios Opinión renden tributo a Milladoiro esta noite
Os Premios Opinión renden tributo a Milladoiro esta noite 

ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA Xa son oito anos de cita anual para celebrar a gala dos PREMIOS OPINIÓN, único galardón das súas características en Galicia, pero esa cifra non é nada comparada cos trinta anos que levan de andaina os músicos de Milladoiro. Co gallo dese aniversario, nesta cerimonia, que se celebra hoxe ás 20.30 no Colón Caixa Galicia, haberá un espectáculo especial no que se lle renderá unha homenaxe ao grupo que abriu o camiño e logrou que a música folk galega ocupase un lugar sobranceiro no mundo cultural deste país. A débeda con ese conxunto é grande e nós pretendimos realizar a nosa pequena contribución para salientar o valor dunha obra referencial que serviu para alimentar a vocación músical de varias xeracións. Moitos fillos musicais de Milladoiro están agora mesmo enriba do escenario aplicando as ensinanzas que lles aprenderos os mestres do folk, tanto nos discos como nos concertos.

Serán oito propostas diferentes sobre o escenario e cada unha coa idea de realizar unha revisión dun tema do grupo coa intención de amosar a longa vida que pode ter unha peza musical e as variacións que pode sufrir dende o momento no que outras mans e cerebros deciden ofrecer outra perspectiva do tema en cuestión.

Anxo Lorenzo Band, co engadido do trío Om/Off, Ophiusa, Cuarteto Caramuxo, Aló Irmao, Pedro Lamas-Jacobo de Miguel, Entre Trastes, Fía na roca e o dúo formado por Guadi Galego e Ugía Pedreira son o elenco elixido para este tributo e eles serán os encargados de dar aos espectadores unha nova visión que terá o son de Milladoiro entre os seus acordes, pero tamén contará coas singularidades artísticas que propoñan cada un deles co degoiro de achegarse co maior respecto á figura da banda homenaxeada, pero sen ter prexuízos á hora de poder idear arranxos atrevidos que lle dean unha volta ao xa coñecido e aporten a personalidade propia na versión.

Iso constituirá un reto para os participantes que todos acolleron con gran entusiasmo e ilusión por tratarse dunha ocasión única para poder amosar a súa admiración por todo canto fixeron e conseguiron ao longo de tres décadas os membros do grupo Milladoiro.

A gala terá como presentadora á xornalista Mayte Cabezas, unha faciana coñecida da TVG dende hai anos e que xa fora a condutora da cerimonia de entrega dos premios hai dous anos.

A noite non só tera a emotividade da homenaxe realizada a Milladoiro, senón que tamén contará cun momento emocionante cando Antón Corral saia a recoller o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA, que premia toda una traxectoria sobranceira no eido musical. O labor de Corral como músico, docente e artesán marcou o camiño a moitas persoas e resulta moi lembrado o seu desenvolvemento coa Obradoiro Escola de Instrumentos tradicionais na cidade de Vigo, de onde saíron varios músicos que hoxe en día son do máis salientable no panorama folk galego. Ademais efectuaron a gravación dun disco dobre que resultou ser unha referencia para a música tradicional.

E logo de entregar os galardóns aos tres artistas que mereceron o beneplácito do xurado ao ser escollidos como os mellores discos folk galegos do ano pasado, a noite pecharase cun concerto de 40 minutos do grupo Lizgairo, unha banda sobre a que se concitou moita atención dos seareiros do folk ao estar implicados no proxecto músicos cunha dilatada traxectoria que gozan de prestixio. Con Diacronías , a súa ópera prima, foron quen de agradar ao xurado dos PREMIOS OPINIÓN de tal xeito que lles outorgaron os votos suficientes como para se alzar co primeiro lugar, en dura competencia co álbum Eterno Navegar, da cantante Uxía, quen se atopa nestas datas do mes de outubro realizando unha xira por terras brasileiras.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 

Cine

Javier Bardem en Cannes.

Javier Bardem vuelve a España

El actor rodará, ocho años después de que iniciase su periplo profesional en Hollywood, una...

Robert Guédiguian.

Guédiguian: ´Es muy grave que la sociedad haya perdido la conciencia de clase´

El realizador francés que acaba de llegar a los cines con ´Las nieves del Kilimanjaro´, una...

Daniel Craig interpreta actualmente a James Bond.

James Bond será nombrado caballero del Imperio británico

El agente secreto recibirá este reconocimiento de manos de la reina Isabel II durante la ceremonia...

La guapa actriz, Michelle Rodríguez.

Los planes salvajes de Michelle Rodríguez

La actriz latina retomará sus personajes en las nuevas versiones de "Machete" y "Fast and Furious"

Martha Marcy May Marlene.

Martha Marcy May Marlene: su única familia (por F. Alomar)

Elisabeth Olsen esta magistral; curvilíneo cuerpo, atractivo rostro y unos ojos, unas miradas, que...

La actriz Kathleen Turner.

Kathleen Turner, de mito sexual a madre ultraconservadora

La actriz regresa a la gran pantalla, tras más de diez años, con un papel protagonista donde...

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica de cine
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya