Angelique Kidjo, unha das grandes figuras na escena musical africana

Co seu último álbum publicado acadou catro candidaturas aos premios Grammy

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
A cantante Angeline Kidjo. / la opinión
A cantante Angeline Kidjo. / la opinión 
 NOTICIAS RELACIONADAS

REDACCIÓN | A CORUÑA É unha das voces máis sobranceiras do continente africano e nos últimos anos decidiu realizar versións de temas populares noutros territorios diferentes ao da world music. Deste xeito a cantante de Benín cantou pezas dos Rolling Stones ou Jimi Hendrix con gusto e na súa última obra, titulada Djin Djin, pola que foi nominada a varios premios Grammy, conta como colaboradores con artistas sobranceiros como Alicia Keys, Peter Gabriel, Joss Stone, Ziggy Marley, o duo formado por Amadou e Mariam ou Carlos Santana, algo do que se sinte orgullosa. Noutros álbumes cantou con Cassandra Wilson, unha das grandes voces femininas do jazz, ou fixo unha bonita versión do tema Summertime.

A mestura estilística de diferentes culturas musicais é o eixe no que se está a mover esta poderosa artista, que sabe ofrecer directos intensos. Pero todo iso pasa por non esquecer nunca as súas orixes africanas. Esta embaixadora da Unicef cre que a música "salva a moita xente e pode contribuír á paz".

No seu canto non esquece linguas da súa terra como o fon e o yoruba. Principiou a cantar aos seis anos de idade, mais tamén cismaba en se converter nunha avogada especializada en dereitos humanos para impartir xustiza. "Descobrín a existencia da escravitude cando tiña nove anos, ao ver a portada do Electric Ladyland de Jimi Hendrix, polo que quixen saber como os meus pais afroamericanos vivían esa parte da nosa historia".

Kidjo láiase da constante "corrupción dos dirixentes. Para un mozo africano contruírse un futuro en África aínda resulta hoxe en día moi complicado e, sobre todo, no caso das mulleres, que continúan a ser o sector máis desfavorecido no continente".

Oremi foi o disco que supuxo o despegue internacional da cantante e posteriormente este pulo viuse refrendado con Black Ivory Soul e Oyayá, obras nas que colocou os alicerces sonoros baseados nunha mestizaxe de diferentes estilos musicais. A de Benín reside actualmente en Nova Iorque e anteriormente viviu durante anos en París, unha capital que acolle a moitos músicos africanos estelares.

COMPARTIR
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
  Vida en A Coruña

TEXTO

DESCRIPCION
 Ver galería »
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas