Música de raíz 

Jorge Fernando, compositor dalgúns dos mellores fados da historia

Acompañou durante varios anos nos escenarios a Amália Rodrigues tocando a viola e nos últimos tempos exerceu como produtor de grandes fadistas como Mariza e Ana Moura

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA Jorge Fernando é un nome que aparece na sombra para o gran público diante das cantantes de fado que ocupan o sitio central no escenario debaixo dos focos da sona, pero a súa presenza é dunha gran importancia, posto que estamos a falar dun extraordinario compositor que é xa historia viva no fado. Fernando é autor dalgún dos mellores fados escoitados e da súa sabedoría musical xa tiraron partido artistas como Mariza ou Ana Moura, que o tiveron como produtor dos seus traballos.

Este home tamén ten unha carreira propia como intérprete e agora dá un novo paso con Vida, no que conta con varias colaboracións e no que amosa novamente as súas salientables aptitudes como compositor e letrista, ollo a este importante apartado no que deixa unha profunda pegada literaria, aínda que noutro aspecto vese que non é un gran cantante, aínda que sabe dotar de sentimento ás súas creacións.

Ana Moura participa en Por um día, do mellor da obra, o grupo polifónico corso A filetta en Lisboa noite triste, Lucio Dalla en 4 março 43 (minha historia) e unha viraxe abraiante sucede coa notable Pois é, onde o rap e o fado chegan a darse a man sen ningún tipo de problema e cun entendemento mutuo que rompe fronteiras entre os mundos de Sam the kid e Fernando.

A peza que dá título ao disco contén dúas versións. Na que abre o traballo escoitamos a Fábia Rebordão, unha fermosa voz que se deu a coñecer nun concurso televisivo, e pecha o disco unha homenaxe vital, xa que ouvimos á desaparecida Amália Rodrigues entoando a canción nunha gravación recollida en estudo nos últimos anos da súa vida.

Outros convidados son o acordeonista Daniel di Bonaventura e o trompetista Marcio Montarroyos.

Dezaseis temas conforman un álbum con desniveis, mais que ofrece momentos aprezables nos que Jorge Fernando aporta toda a súa experiencia e coñecementos adquiridoa ao longo dunha carreira sobranceira. Tamén cómpre sinalar o traballo desenvolvido por Custódio Castelo á guitarra portuguesa, da que está considerado un dos mellores intérpretes actuais.

COMPARTIR
 
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
  Vida en A Coruña

TEXTO

DESCRIPCION
 Ver galería »
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas