REDACCIÓN | A CORUÑA
A editorial coruñesa Trifolium, dentro da súa colección Musa pedestris, vén de sacar do prelo O ocio e a diversión na cidade, de José Luis Aranguren. A cultura do ocio fronte a cultura do traballo é tema preferencial e constante na reflexión do filósofo.
Para Arangueren, a cuestión estriba, en tanto non se cumplan as utopías, en devolver plena dignidade, sentido humano e, por suposto, remuneración xusta ao traballo; e en dar, igualmente, sentido humano, humanista, perfecciónante, ao ocio e a distración.
O traballo que presentamos, O ocio e a diversión na cidade, foi publicado orixinalmente en 1958 na Revista de la Universidad de Madrid.
Aranguren (1909-1996), filósofo e ensaísta, catedrático de Ética, exerceu unha grande influencia na vida intelectual española da segunda metade do século pasado. O seu pensamento caracterizouse polo seu inconformismo e certas doses de heterodoxia, así como unha mestura de compromiso intelectual e moral cun certo distanciamento que el mesmo calificou de irónico.