|
|
|
HEMEROTECA » |
|
ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA A banda coruñesa Tiruleque deu os seus primeiros pasos no ano 2002. Os seus compoñentes proviñan do seo da música tradicional e agora viron o momento axeitado para realizar o seu debut no eido discográfico. Estes anos serviron para ir afianzando o proxecto e houbo unha serie de trocos nos compoñentes do grupo, "polo que sempre toca reaxustar un chisco todo". comentan os Tiruleque. Consideraron oportuno gravar agora a ópera prima "porque foi o resultado natural dunha inquedanza que tiñamos de deixar algo feito, que quede aí, en canto tivésemos asentado o repertorio. Anteriormente quixemos realizar un álbum, pero non se deron unha serie de circunstancias precisas para poder editalo".
E como acontece con tantos outros artistas galegos deberon recurrir a autoproducirse para realizar o álbum. "Por unha banda controlas todo o proceso e iso é sempre bo, xa que ti decides os ritmos que te vas marcando. A parte menos positiva é o investimento que debes facer, que tampouco é esaxerado. Se coas vendas do álbum recuperamos os cartos xa nos daremos por satisfeitos. A verdadeira recompensa para nós é que a xente disfrute co que facemos en directo e tamén na casa con este filliño que vimos de publicar".
Existen dúas facianas musicais dentro do repertorio do conxunto herculino. Nas pezas instrumentais están cun pé na música tradicional e con outro nas sonoridades máis folk. "Aínda que vimos todos do mundo tradicional, na nosa música incorporamos os nosos gustos personais, e aí aparecen elementos do folk, e decidimos coller algunhas pinceladas de aquí e acolá para que as pezas resulten frescas".
Nas pezas cantadas a vocación é cara ao popular e a sinxeleza, posto que están menos traballadas que as outras. "Nese apartado queremos un contacto directo co público, que os retrousos sexan accesibles para a xente e que interactúen con nós nos concertos. Optamos por temas sinxelos cun repertorio de corte popular e o que non pretendemos é meter conceptos cunha maior elaboración que podan tapar a letra".
O que si teñen claro é que a súa vocación primordial é que os espectadores bailen cando eles están enriba do escenario. "Esa é a idea principal que manexamos e todo o elaborado está orientado car a iso. Non pretendemos facer algo sesudo. O que fomos mamando na tradición aparece reflectido na nosa obra e con esta proposta sentímonos cómodos".
Dende a retirada de Os Cempés existe un baleiro no folk galego pro cubrir, o desas formacións que xogan con naturalidade entre o tradicional e o folk sen ningún tipo de problema e con absoluta naturalidade. "Quizais sí que exista un certo baleiro nese esquema tan apto para ofrecer festa ao público, no que a banda ferrolá se movía tan ben e na que era quen de realizar unha acertada actualización do tradicional. Cremos que foron unha formación que marcaron unha época na música galega".
E bandas como Tiruleque e outras que existen ou nazan no futurodentro do panorama musical galego ao mellor van cubrindo ese espazo no que é posible xogar con naturalidade con dous mundos sonoros que se complementan á perfección.
|
|
La impresión que deja la cinta es tal que no sorprende su catálogo de premios, especialmente...
"Es un regalo que me conmueve profundamente", aseguró Johansson antes de destapar la estrella en...
El festival de cine del Sáhara, en el campamento de refugiados saharauis de Dajla, tiene un...
Condal rehará el guión del filme, que en EEUU se llama "Cell 211", sobre el que ya se escribió una...
El festival ha anunciado que se celebrará el XX aniversario de 'Reservoir Dogs' homenajeando al...
Las dos películas dominan con un total de ocho candidaturas cada una las quinielas para los...
El avance de la película ha satisfecho a los fans de 'Alien', que esperan con ansia el regreso de...
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||