|
|
|
HEMEROTECA » |
|
REDACCIÓN | A CORUÑA A Fundación Caixa Galicia está a celebrar o vinte aniversario do seu nacemento con diferentes actos como as exposicións dedicadas a Maruja Mallo e Ruth Mathilda Anderson, ou o ciclo Miradas. Agora, a entidade sumará á celebración da efeméride un ciclo de debates, que comeza este mes, sobre a situación actual e os desafíos da cultura galega, con achegas de 36 dos principais intelectuais galaicos do mundo da arte, a literatura, o audiovisual, a arquitectura, a música e a escena. Os encontros celebraranse nas principais localidades galegas e organizaranse en formato de mesas redondas abertas á participación pública. O programa comeza o vindeiro sábado, ás 12.00 horas, no auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra, cunha cita titulada 20 anos de arte galega.
Un moderador -que o vindeiro sábado será o crítico e comisario de arte David Barro-, proporá un guión sobre o que falarán cinco convidados: en Pontevedra, a artista Almudena Fernández, o coleccionista compostelán José Blanco Fondevila, o fotógrafo Vari Caramés, Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e máis Asunta Rodríguez, directora da Galería Trinta.
"Queremos achegar ao público un debate, unha reflexión sobre a evolución da cultura nos últimos vinte anos da forma máis transparente e máis próxima", sinalou Teresa Porto, directora da Fundación Caixa Galicia. Porto subliñou que os debates pretenden "convocar aos veciños, aos cidadáns, nas nosas sedes, os sábados, para que poidan acudir todos aqueles aos que lles interese o pasado, o presente e, sobre todo, o futuro da creación artística galega, para que as conclusións poidan transcender máis alá do propio sector cultural".
A seguinte cita terá lugar en Vigo o sábado 14 de novembro, nunha mesa redonda na que se falará de 20 anos de literatura galega. Moderada polo director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, nesta convocatoria participarán a poeta ourensá Chus Pato, os narradores Suso de Toro e Agustín Fernández Paz, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño e o crítico literario Ramón Nicolás.
O sábado día 21, tamén ás 12.00 horas, desta volta na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol, o tema a debater será o ocorrido nos últimos 20 anos de escena galega. Manuel Lourenzo, Gustavo Pernas, Ana Vallés, Quique Peón e máis Cándido Pazó tomarán a palabra baixo o guión do xornalista e escritor Camilo Franco, nun encontro ao que o público poderá acceder ata completar o aforamento do recinto, ao igual que nas outras mesas redondas.
O ex director da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González, será o encargado de conducir a mesa redonda sobre o audiovisual galego o sábado día 28 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago. Antón Reixa, X.M. Olveira Pico, Susana Maceira, Daniel Domínguez e Dolores Ben serán os encargados de repasar a evolución dunha das industrias máis importantes do sector.
Doutra banda, Lugo acollerá, xa en decembro (o día 12, á mesma hora que as anteriores citas), a mesa redonda dedicada á música galega. Con Xurxo Souto como moderador, tomarán a palabra neste acto Alberto Comesaña, Mercedes Peón, Fernando Luaces e Suso Atanes.
O último dos debates realizarase na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña, cun capítulo dedicado á arquitectura e urbanismo, e na que participarán os máis destacados arquitectos e teóricos. Moderados por Andrés Fernández Albalat, intervirán nesta mesa redonda César Portela, Joaquín Torres, Iago Seara, Manolo Gallego e Cristóbal Crespo.
|
|
México, Brasil, Argentina y Colombia desfilarán por la alfombra roja de uno de los eventos...
Desde la resurrección del vampiro, que es el factor clave que justifica la historia, en la...
El narcotráfico, la corrupción policial, el muy deficiente sistema educativo y las desigualdades...
La película relata la rocambolesca historia de Cuatro cincuentones, amigos de la infancia se...
La versión del año 76 tuvo a Sissy Spacek y Piper Laurie como protagonistas y sus interpretaciones...
La película narra la historia de una adolescente que utilizará sus poderes telequinésicos para...
Hace meses que se encuentran entre demandas pero parece que por fin los herederos de Mario Puzo,...
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||