AXENCIAS | SANTIAGO
A editorial Galaxia publicará todo o seu catálogo en formato de libro dixital -eBook- grazas a un acordo alcanzado coa compañía Publidisa, que se encargará tanto da produción dos formatos coma da súa comercialización en "portais de referencia" en internet.
Así mesmo, no marco do acordo alcanzado lanzarase unha librería electrónica propia de Galaxia, que aspira a converterse en "portal de referencia para o libro galego na rede", xa que é a primeira editorial galega en dispoñer deste servizo.
Este acordo, indicou Publidisa, "supón un paso importante na implantación dos dispositivos de lectura electrónicos en Galicia", que ofrecerá como vantaxe "a dixitalización dos clásicos da literatura galega", lidos "maioritariamente por un público adulto", e "o fomento da lectura entre a xente nova".