O século de Luís Seoane

Caixanova prepara para o comezo de 2010 unha gran exposición con obra inédita e emblemática do artista coruñés, na celebración do centenario do seu nacemento

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O século de Luís Seoane
O século de Luís Seoane  
 MULTIMEDIA

O vindeiro ano celebrarase o centenario de Luís Seoane, un dos artistas e intelectuais máis carismáticos e que máis influíu na Galicia da segunda metade do século XX. Para celebralo, Caixanova reunirá nunha gran mostra a obra inédita e emblemática do artista coruñés, procedente de coleccións privadas e diversas pinacotecas como a propia Fundación Luís Seoane, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Fundación María José Jove, o Parlamento de Galicia ou o museo Quiñones de León, así como a Colección Caixanova

REDACCIÓN | A CORUÑA Caixanova prepara para principios do ano 2010 unha gran mostra que recolla de xeito fiel o labor artístico de Luís Seoane. A exposición está comisariada por Carlos L. Bernárdez e Fernando M. Vilanova e ten como obxectivo facer especial incidencia nas diferentes épocas, relatos, significacións figurativas, influencias e compromiso do artista ao longo da súa traxectoria.

As salas de exposicións de Caixanova en Vigo, Pontevedra e Ourense acollerán esta mostra coa que a entidade financeira quere render unha homenaxe a un dos intelectuais máis representativos da cultura galega no centenario do seu nacemento. Nela reuniranse pezas cedidas polas principais pinacotecas da comunidade, como a Fundación Luís Seoane, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Fundación María José Jove, o Parlamento de Galicia ou o Museo Quiñones de León, ademais doutros particulares e a Colección Caixanova.

Fillo de pais emigrantes, Seoane naceu na cidade arxentina de Bos Aires o 10 de xuño de 1910, onde residiu ata os seis anos, cando os pais retornan á Coruña, cidade na que faleceu en 1979. Polo propio feito do seu nacemento na diáspora, así como polo seu traballo como artista e intelectual comprometido no exilio desde 1936, de novo en Bos Aires, a carón do máis selecto da nosa intelectualidade, como Castelao, Dieste, Núñez Bua, Lorenzo Varela ou Arturo Cuadrado, converteuse nun representante senlleiro da emigración galega.

A súa obra, caracterizada pola heteroxeneidade, vai xuntar dúas fórmulas ás que manterá fidelidade: a memoria ao seu país de orixe nos conceptos positivos da tradición, entendida esta como herdanza consanguínea e homoxeneizadora dun xeito de sentir e de resolver, e a vontade cosmopolita e de modernidade, inherente a unha formación intelectual de grandes inquedanzas. O froito é unha obra cargada de humanismo, cun grande abano de formas e materiais, e coas xanelas abertas ao progreso e aos valores que poden enriquecernos.

Baixo o espírito de superación e resposta que enmarcaba a emigración e o exilio cunha vida nova nun mundo novo, o polifacético artista desenvolveu un labor impagable en Bos Aires. Tratou todos os eidos da produción cultural: debuxante, muralista, editor, gravador, pintor, poeta e ensaísta, editor radiofónico ou deseñador industrial. O seu amigo Manuel Colmeiro contaba "alí onde se batía algo noso, estaba Seoane". E Rafael Dieste: "Moitos dos libros que ilustrou pasaron por ser no seu tempo os máis fermosos do mundo".

No seu retorno a Galicia, en 1963, tiña xa un prestixio gañado que prolongou na súa terra dende o Laboratorio de Formas, xunto con Isaac Díaz Pardo, que deu orixe ás Cerámicas do Castro e a Sargadelos, mantendo a súa actividade creativa como pintor e gravador ata seu derradeiro alento.

COMPARTIR
 

 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes