Cesária Évora repasa os ritmos de Cabo Verde no álbum ´Nha sentimento´

A cantante máis famosa de Cabo Verde levaba tres anos sen publicar disco

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN | A CORUÑA Cesária Évora regresa logo de tres anos de silencio con Nha sentimento, un álbum composto por catorce mornas e coladeras antigas, ritmos musicais do seu país, un estilo que lle proporcionou sona internacional. "Coa morna podemos expresar mellor os nosos sentimentos e nestas pezas aparecen sensacións fondas, e moitas veces se amosa que os caboverdianos non temos a vida doada", explica Évora.

A muller que actúa cos pés descalzos e en linguaxe crioulo comenta que sempre lle canta ao seu país e que onde souberon realmente recoñecer a súa música foi en Francia, "e de aí se foi espallando polo mundo adiante".

Son xa máis de 45 anos de carreira musical e aproveitando o seu éxito outros artistas da súa nación comezan a ser coñecidos no estranxeiro, algo do que se sinte orgullosa "porque esa porta xa sempre seguerá aberta".

En Nha sentimento volve traballar con Teofilo Chantre, compositor da meirande parte das cancións da obra.

O produtor José da Silva tivo a idea de fusionar o estilo caboverdiano con tonalidades árabes, por iso inclúense os arranxos de corda do exipcio Fathy Salamam, quen dirixiu a Orquestra do Cairo nas tres mornas incluídas no álbum.

O tributo máis explícito ao seu país é o tema composto por Luís Pastor e traducido por Chantre, Verde Cabo di Nhas Odjos, no que a artista canta esta estrofa: "quero morrer nos teus campos e vivir nas túas cancións".

O ano pasado Cesária, que ten sesenta e oito anos, sufriu un infarto cerebral en escena durante unha xira por Australia, pero a cantante saca ferro a ese feito, "o brazo morreu mais despois volveu á vida", e finalmente comenta de xeito rotundo que será Deus "quen decida o momento no que deba parar". Di estar afeita a estar moito tempo lonxe da súa casa, pero nos últimos tempos está a reducir o número de concertos.

Na súa andaina acadou recoñecementos como o Premio da Música da Unesco, a Orde do Mérito Civil de Portugal ou o galardón de Cabaleiro da Orde da Lexión de Honor en Francia.

COMPARTIR
 

Cine online  

CINE ONLINE

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99€.
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes