A ruta xacobea nos escritores

Unha 'Cartografía literaria do Camiño de Santiago' compila textos de distintos autores, desde Cunqueiro a Llamazares ou Gamoneda, a John Rutherford e Manuel Rivas

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O escritor Álvaro Cunqueiro. / la opinión
O escritor Álvaro Cunqueiro. / la opinión 

A ruta xacobea inspirou de sempre aos escritores. Unha 'Cartografía literaria do Camiño de Santiago' compilará textos de autores como Álvaro Cunqueiro, Antonio Colinas, Julio Llamazares, José María Merino, Antonio Gamoneda, Leopoldo Panero, John Rutherford e Manuel Rivas e Carlos Casares. Ademais, cidades europeas como A Coruña, Berlín, Hamburgo, Kiel, Madrid e Barcelona serán obxecto de debates
en maio e xuño para tomarlles o pulso aos desafíos que o século XXI proporciona ás grandes urbes

AXENCIAS | LEÓN Nos próximos días entrará no prelo o texto en galego da Cartografía literaria do Camiño de Santiago, na que escritores como Álvaro Cunqueiro, Julio Llamazares ou Antonio Gamoneda descobren paisaxes da senda medieval, especialmente os referidos ao territorio leonés e a Galicia. A obra, presentada este verán, foi coordinada polo catedrático do Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel Javier Gómez Montero, baixo cuxa dirección se prepara tamén a tradución alemá, que sairá o próximo verán, edición que precederá a unha seguinte en francés.

A Cartografía literaria do Camiño de Santiago compila textos sobre a ruta xacobea de Álvaro Cunqueiro, Luís Mateo Díez, Antonio Pereira, Antonio Colinas, Julio Llamazares, José María Merino, Antonio Gamoneda, Gil y Carrasco, Tomás Alvarez, Marifé Santiago, Leopoldo Panero, Raúl Guerra Garrido, Pedro Trapiello, John Rutherford , Martínez Reñones, Suso de Toro, Franco Taboada, Manuel Rivas e Carlos Casares.

Gómez Montero explicou a Efe que esta aventura cultural comezou en Colonia (Alemaña), onde impartía uns cursos sobre literatura e arte no Camiño de Santiago, época na que decidiu elaborar unha antoloxía de textos literarios sobre o Camiño, recollendo desde visións poéticas ou antropolóxicas contos fantásticos, co vello itinerario como punto de referencia. O catedrático da universidade alemá adiantou tamén un novo proxecto cultural no que se analiza a "alma" de cidades europeas como Berlín, A Coruña, Hamburgo, Kiel, Madrid e Barcelona, titulado Cidades europeas, hoxe e mañá.

Este encontro, convocado para distintas datas do próximo maio e xuño, conta co apoio do Ministerio de Cultura de España e o Romanisches Seminar der Christian-Albrechts-Universitat zu Kiel coa colaboración do Instituto Cervantes Hamburgo, e outras institucións alemás, baixo a coordinación de Javier Gómez-Montero.

O ciclo de conferencias, debates e lecturas "tomaralles o pulso aos desafíos que o século XXI proporciona ás grandes cidades europeas propiciando o diálogo entre elas mesmas", segundo o coordinador.

Arquitectos, escritores, filósofos, sociólogos e urbanistas de Alemaña, España e Francia contrastarán unha mesma problemática estrutural en núcleos urbanos conmensurables e con propias linguaxes culturais (Hamburgo-Barcelona; Berlín-Madrid; Kiel-A Coruña) para perfilar conceptos e solucións de cara ao futuro. A primeira parte constará de conferencias e debates no Instituto Cervantes de Hamburgo e na pinacoteca de Kiel, baixo o título Pensamento utópico e modelos empíricos. Na segunda, Cidades en diálogo, escritores españois e intelectuais alemáns reflexionarán en Kiel e Hamburgo desde sobre a poesía, ao subconsciente colectivo.

COMPARTIR
 

Cine online  

CINE ONLINE

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99€.
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes