Música de raíz 

Un libro autobiográfico reflicte as experiencias de Woody Guthrie

A obra é máis unha novela sobre os tempos da Gran Depresión nos Estados Unidos, na que aparecen as súas vivencias como vagabundo, que sobre a súa andaina estritamente musical

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Guthrie, acompañado da súa inseparable guitarra. / lester balog
Guthrie, acompañado da súa inseparable guitarra. / lester balog 
 MULTIMEDIA

ÓSCAR LOSADA A CORUÑA Xa falamos no seu día extensamente sobre a figura de Woody Guthrie, mais tal é a súa trascendencia dentro do folk norteamericano que non importa recuncar, e máis se temos en conta que a editorial Global Rhythm editou un libro de memorias do artista, titulado Rumbo a la gloria, que volve poñelo de ctualidade. A obra vén acompañada dun CD no que aparecen algunhas das cancións máis significativas da súa carreira, como Pastures of plenty, This land is your land, Vigilante man, Talking Fishing Blues ou Stagger Lee.

Lembremos que Bob Dylan declarou que a súa vida cambiou no momento en que escoitou un disco de Guthrie, o seu gran ídolo, e salienta da súa figura musical "o xeito en que capta coma ninguén a esencia das cousas. Era tan poético, duro e rítmico á vez. Arrasou con todo o que atopaba ao seu paso. Para min foi como unha revelación". O escritor John Steinbeck sinala que canta as cancións dun pobo, "e sospeito que el mesmo é, en certo xeito, ese pobo. Co seu timbre esgrevio e nasal, a guitarra pendurando como unha ferramenta enferruxada, nada doce hai nel e tampouco nos temas que interpreta. Pero hai algo máis importante para os que aínda escoitan: a vontade de resistir, de loitar contra a opresión. Diría que a iso o chamamos espírito americano".

Esta autobiografía do cantante é máis ben unha novela na que vai narrando aspectos da súa existencia. Non é unha obra que incida especialmente no apartado musical e convértese fundamentalmente nunha testemuña dos tempos da Gran Depresión que se viviron nos Estados Unidos. Comeza a narración nun lugar onde pasou moitas horas: os trens de mercancías nos que os vagabundos se metían de matute para viaxar de balde cara a lugares que, en teoría, lles permitirían vivir mellor, pero cando chegaban a esas terras prometidas en moitas das ocasións o que achaban eran localidades que non necesitaban traballadores e uns policías con ganas de ceibarse o máis axiña posible de visitantes desfarrapados que eles consideraban que o único que podían dar eran problemas. As duras condicións desas viaxes aparecen ben reflectidas porque Guthrie foi un máis dese fato de homes xa desenganados que percorrían o país na procura dun traballo digno que teimaba en non aparecer. A diferenza co resto é que el, á parte de pintar carteis e rótulos para sobrevivir cando xurdía a posibilidade, era un músico que tiraba de guitarra en canto tiña ocasión para interpretar cancións con alma, temas que falaban do que lles acontecía aos traballadores e que zumegaban verdade porque o artista sabía perfectamente do que falaba.

Importante era tamén a súa capacidade de improvisar letras nas situacións en que a audiencia demandaba unha peza sobre un tema determinado.

A infancia do cantante ocupa unha parte salientable nos capítulos que compoñen este libro, que na súa parte final xa se centra máis en cuestións nas que a música está máis presente e narra como se gañaba a vida cantando moitas horas en locais nos que a súa dieta alimenticia dependía da xenerosidade dun público ao que, lembremos, tampouco lle sobraban os cartos dada a deprimida situación económica que inzaba a nación.

A solidariedade fica ben presente en toda a obra e o autor narra como debaixo dunha treboada, e coa choiva enchoupando a esgalla, dous compañeiros de ruta no mesmo tren son quen de sacarse as súas vellas camisas e quedar sen protección algunha no seu corpo para que o cantante coloque a roupa enriba da súa guitarra e tente que esta non sufra demasiado os embates do temporal.

E logo de tantos camiños andados e quilómetros gastados dende as vías, Woody realiza autostop e o recolle unha familia que conta entre os seus compoñentes cunha fermosa moza da que se namora e resulta correspondido. Pero a situación laboral non é nada idílica e o trobador debe continuar o seu camiñar aínda que xa sabe onde volver se as cousas melloran. Como dixo Steinbeck, "Woody é sinxelamente Woody para o pobo". O cantante que latexa ao ritmo da xente.

A loita contra os xaponeses e un episodio conflitivo foron o xermolo do estribiño dunha canción que logo popularizaría a carismática Joan Baez. Uns matones revestidos de patriotismo pretenden esnaquizar un bar rexentado por nipóns, pero Woody, o seu colega Cisco Kid, uns mariñeiros que pretenden combatir na fronte conta o inimigo de Xapón, non contra toda unha raza, e outras persoas deciden ficar diante da porta principal do local para impedir o paso dos violentos, e nese momento de resistencia saen da cabeza do músico estas palabras "se loitamos unidos non nos moverán (2 veces)/ igual que a árbore canda a ribeira, non nos moverán". E ten lugar unha tirapuxa, sen feridos, que se resolve coa retirada dos patriotas.

COMPARTIR
 

Cine online  

CINE ONLINE

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99€.
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
Cargando...
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes