|
|
|
HEMEROTECA » |
|
O. L. | A CORUÑA A artista brasileira Bebel Gilberto vén de editar o seu novo disco, titulado All in one, que constitúe o cuarto dentro da súa carreira discográfica despois de debutar con Tanto tempo (2000) e continuar a súa andaina con Bebel Gilberto (2004) e Momento (2007).
Os seareiros coruñeses da cantante tiveron ocasión de escoitala meses atrás no recinto de Expocoruña, lugar no que deu un concerto no que a bossa nova mesturada con outros estilos estivo moi presente, ao igual que sucede na súa traxectoria, e no que incide outravolta coa súa última entrega, na que realiza versións de pezas como Sun is Shining, de Bob Marley, The real thing, de Stevie Wonder, e Chica Chica Boom Chic, inmortalizada no seu día por Carmen Miranda, da que se descoñece o seu nacemento en Portugal e todo o mundo a identifica como unha imaxe do Brasil popularizada polos filmes que interpretou ao longo da súa carreira. Das tres versións, a máis lograda é a do xamaicano e para esas cancións, Bebel optou por traballar con diversos produtores e colegas de Brasil e Estados Unidos, país onde reside na actualidade e no que está a ter boas críticas e cobertura mediática, ademais de contar cun bo volume de concertos, que nos primeiros meses do ano que vén se verán aumentados cunha xira australiana.
Filla de João Gilberto, un dos creadores da bossa nova e figura sobranceira da música do seu país, os xenes semella que determinaron o futuro profesional da artista. Neste novo CD realiza unha deliciosa adaptación dun tema do seu proxenitor, Bim Bom, no que conta coa colaboración de Daniel Jobim.
A cantante salienta o feito de ter a oportunidade de publicar un disco co selo Verve, mítica discográfica estadounidense, que hoxe en día pertence a Universal Music, que está considerada unha das referencias claves no eido do jazz. Bebel considera que gravar para eles "foi un gran paso, sen dúbida algunha. Creo que o son que estou a facer ultimamente ten moito a ver con Verve", e bromeou sobre esa nova unión musical. "Estou satisfeita, vimos de casar e non podo laiarme de nada". En canto ao método de traballo indica que en canto lle vén algo á cabeza "collo axiña un papel para escribilo".
Este traballo foi gravado entre Brasil, Xamaica e a súa propia casa, que ela cualifica como "un lugar tranquilo que me serve para ir engadindo ou quitando cousas a un tema sen presión ningunha" .
Na obra aparecen detalles jazzísticos e do pop, mais o centro sobre o que pivota a música xira ao redor do paso marcado pola bossa nova, sempre coa intención de adaptala aos tempos modernos e ofrecerlle tonalidades que arroupen a súa estrutura. A artista naceu hai corenta e tres anos na cidade de Río de Janeiro e comenta que das actuacións realizadas en España só garda boas lembranzas, e afirma que nunca realizou un concerto malo, "xa que sinto sempre unha enerxía moi boa cando actúo por aló".
Porén, non ten pensado facer ningún disco específico para este mercado, como fixo no seu momento o seu amigo Carlinhos Brown, quen tamén colabora no seu último álbum, aínda que deixa a porta aberta para participar en proxectos doutras persoas.
|
|
El nuevo proyecto cinematográfico de Scorsese es la adaptación de la autobiografía del broker y...
O director galego Ignacio Vilar estreou onte nos cines Filmax A Coruña a súa nova película,...
"Las personas que han visto 'El sexo de los ángeles' salen del cine con una visión optimista y con...
"Ella es casi como un hombre, por lo que es un personaje muy divertido. Además es mi primera...
Desde su estreno el pasado viernes 27 de abril, el all-star de personajes de Marvel ha llevado a...
Repasamos cada una de las películas de la saga más desinhibida del cine estadounidense
El fin de semana llega cargado de estrenos, repasamos lo mejor y más destacado de la gran pantalla
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||