MÚSICA
Escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008

Agustín Fernández Paz: ´Agora hai máis muros ca nunca, uns 8.000 kilómetros´

"Vivir en galego en tódos os ámbitos significa atoparse con moitos atrancos de todo tipo. É un muro máis", di o escritor, que presenta a súa última obra, 'Valados'

 11:53  
Agustín Fernández Paz.
Agustín Fernández Paz. Carlos Pereira

MAR MATO | A CORUÑA Na súa anterior obra, Lúa de Senegal, Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) retrataba o diálogo de amizade entre unha nena senegalesa afincada en Galicia e a lúa que a viña acompañando desde África a Europa. Na súa nova obra, Valados (Edicións Xerais), o autor Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 propón achegarnos á realidade de dous amigos, Helena e Xoel, que loitan por continuar soldando a súa amizade por riba dos muros invisibles e sólidos da súa cidade. Membro de Amnistía Internacional (AI), Paz presentou esta semana a súa nova obra.

-Foi o aniversario da caída do Muro de Berlín o que inspirou esta nova obra?

-A idea é anterior a Lúa de Senegal. Xurdiu dunha das clases de Segundo de Bacharelato, cando lles mandaba elaborar un texto a partir dunha noticia na prensa para que practicaran redacción. Nunha semana, deilles dúas fotos, unha do valado de arames de Ceuta e Melilla e outra do muro entre Palestina Israel. A min, pareceume que sería unha idea formidable para facer o meu texto. Esa foi a semente para un traballo de dous anos nos que fixen 12 redaccións. É unha obra moi traballada.

-Este é un libro encamiñado a concienciar sobre a separación dos pobos?

-Obviamente, un dos obxectivo do libro é ese, aínda que un non escribe ensaio, neste caso a idea era narrar as consecuencias que pode ter nas vidas das persoas a existencia destes muros que afondan na desigualdade. Eu quería unha historia como un alegato contra tódolos muros. Creei unha sociedade nunha vila, na que están primeiro os muros invisibles que propician a división. Estes, despois, acabna cristalizando nun muro de arame e de cemento. É un texto que ten a súa dureza, pero que está escrito coa delicadeza posible e que deixa un asomo á esperanza.

-Non falamos dun asunto totalmente de ficción. Hai numerosos muros por todo o mundo.

-En toda a documentación que atopei, hai datos que sinalan que despois do Muro de Berlín é agora cando hai máis muros ca nunca, creo que hai no mundo uns 8.000 quilómetros. Atopamos o de Cisjorndania-Israel; o de Estados Unidos-México pero hai outros muros en Europa. O último do que teño coñecemento, en Padua, onde levantaron un para illar un barrio de emigrantes africanos.

-Cre que entre tanto videoxogo e redes sociais, os mozos de agora abren a mente a estes temas?

-Cerrada, non. Outra cousa é que a sociedade estea montada para que non reparemos nestas realidades. O exemplo nestes días é que gracias a Aminatu Haydar e a súa folga de fame coñecimos a existencia dun muro entre Marrocos e o Sáhara Occidental, un muro de 1980.

-Levamos case un ano oíndo arremeter por parte de determinados colectivos e persoas contra o galego tratando de reducir a presenza deste último na sociedade. Que opina da posición da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística?

-É un muro máis, un dos muros invisibles que está aí. Eu son das persoas que aspiro a levarme con todo o mundo. O meu desexo é que todo o mundo sexa cidadán de primeira, de maneira que os que falamos galego habitualmente teñamos os mesmos dereitos sociais ca unha persoa que se desenvolva en castelán. Hoxe non é así. Vivir en galego en tódolos ámbitos significa atoparse con moitos atrancos de todo tipo. Ao que aspiro é que, xustamente, haxa unha igualdade entre unha lingua e outra, unha igualdade efectiva. Iso é fácil de conseguir se se poñen os medios.

-Vostede non ten cadeira na Real Academia Galega da Lingua (RAG). Non obstante, que pensa respecto da máis que certa candidatura do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín para presidila?

-A min, Ferrín paréceme unha personalidade extraordinaria. É un escritor magnífico, ten uns coñecementos da lingua rigurosos e amplamente demostrados. No trato persoal, de ti a ti, é afable, dialogante. Non teño nada que ver coa Real Academia pero se estivera nesta institución, contaría co meu voto.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 

Cine

Johnny Depp en 'Sombras tenebrosas'.
Johnny Depp en 'Sombras tenebrosas'.

Johnny Depp y su enésima metamorfosis

Tim Burton vuelve a apostar por el actor de Kentucky en ´Sombras Tenebrosas´

Los juegos del hambre.

´Los Juegos del hambre´ tendrá parodia

La parodia irá cargo de los especialistas Jason Friedberg y Aaron Seltzer, que llevará por título...

Sarah Jessica Parker y Eva Longoria.

Sarah Jessica Parker y Eva Longoria, juntos en ´Married and Cheating´

Poquer de estrellas para 'Married and Cheating', la nueva comedia que estará protagonizada por...

Sacha Baron Cohen, como el dictador.

El ´dictador´ Baron Cohen amenaza a Occidente en su estreno en Londres

Baron Cohen llegó a la alfombra roja disfrazado de dictador de la República de Wadiya, país del...

Johnny Deep y Sean Penn, esta semana en los cines.

Vampiros y rockeros ocupan la cartelera

'Sombras tenebrosas' y 'Un lugar donde quedarse' llegan a los cines este fin de semana

Roman Polanski.

Polanski abordará el ´caso Dreyfus´

Rodará una película sobre el general francés de origen judío condenado erróneamente por espionaje

Les Lyonnais.

Les Lyonnais: Sobria crónica de Sucesos (por A. Dopazo)

Sobre los cimientos narrativos del libro del propio Momon, en una versión «libremente inspirada»...

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica musical
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya