MÚSICA
Presidente do Consello da Cultura Galega

Ramón Villares : ´Hai que ofrecer unha cultura de calidade pero accesible a todos´

"O que Galicia lle debe aos emigrantes é enorme, por iso non entendo como aínda a día de hoxe se pode manter un discurso negativo sobre a emigración"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Ramón Villares (Xermade-Lugo, 1951) preside unha institución que, nas súas propias palabras, pretende ser un laboratorio de ideas, un lugar de encontro, unha plataforma para a promoción exterior da cultura galega e un centro especializado para a prestación de servizos. "Se hai algunha institución en Galicia que poida presumir verdadeiramente de independente, plural e estar ao abeiro dos humores políticos, esta é o Consello da Cultura Galega", asegura o seu actual presidente, o historiador Ramón Villares

J. A. OTERO RICART | A CORUÑA -Un dos obxectivos do Consello da Cultura Galega é valorar as necesidades culturais do pobo galego. Cales son as principais demandas da sociedade?

-O obxectivo fundacional é 'preservar os valores culturais do pobo galego', pero creo que é máis importante a pregunta sobre as principais demandas da sociedade. Neste sentido, penso que esas demandas teñen que ver cunha cultura de calidade, pero accesible para todo o mundo. Se algo caracteriza a sociedade actual, alomenos a occidental, é que se produciu unha democratización plena no consumo da cultura, grazas aos modernos medios de comunicación. O Consello non pode facer frente a esas demandas, pero axuda na medida do posible coa promoción da cultura, a difusión cultural a través dun portal en internet e co resto das súas actividades de reflexión e de propostas de carácter institucional.

-Sobre o papel, trátase dunha institución independente. Como son as relacións coa actual Xunta? Teñen recibido algún tipo de presión?

-Non entendo ben iso de 'sobre o papel', porque se hai algunha institución pública (as privadas son outra cousa) en Galicia que poida presumir de independente, de plural e de estar ao abeiro dos humores políticos, esta é o Consello da Cultura Galega. A súa composición é a mellor expresión: de 26 membros do seu Plenario, 16 son representantes de institucións (fundacións, universidades, academias?). Dito isto, o Consello nin acepta presións externas (veñan de onde veñan) nin tampouco é partidista. A súa relación cos poderes autonómicos e locais é fluída e propiamente institucional. É algo sabido, pero sempre cómpre recordalo porque esta é a realidade que a sociedade debe saber.

-O feito de profundizar na cultura propia de Galicia non conleva o risco de ignorar ou minosvalorar as manifestacións culturais alleas?

-Non, en absoluto. A cultura galega non está soa no mundo. Os seus problemas son comúns á cultura contemporánea actual. Por outra banda, o Consello é un lugar polo que pasan creadores, pensadores e intelectuais de moitas partes do mundo.

-Cantas persoas traballan na actualidade no Consello? E cantas acuden ao longo do ano a consultar os seus fondos?

-A plantilla do Consello é, na actualidade, de trinta traballadores, dos que só a cuarta parte desempeña labores de administración e xestión da institución. O resto está ocupado en prestar servizos á sociedade, sexa a través do portal culturagalega.org, sexa a través dos seus catro arquivos especializados e do observatorio cultural. Os fondos materiais consultados son importantes no caso do Arquivo da Emigración e do Arquivo Sonoro. Os fondos virtuais, a través da rede, reciben milleiros de consultas, pois alén de noticias diarias, están disponibles libros, actas de congresos, foros de debate, etcétera.

-Que presuposto manexa a institución que preside? Cales son as principais carencias coas que se atopan?

-O orzamento previsto para o 2010 é de algo menos de tres millóns de euros. Máis que de carencias, eu falaría da necesidade de abrir novos programas de acción, especialmente no campo da diplomacia cultural e no da avaliación de proxectos culturais, para o que se precisarían máis recursos. Con todo, o que se pode dicir é que o orzamento de que dispomos está ben xestionado e a relación entre recursos e servizos prestados é boa.

-O Consello dispón de varios arquivos, un deles o da Emigración. Pódese entender Galicia sen a emigración?

-Eu penso que non, aínda que o feito de ser un país de emigración (e agora tamén algo de inmigración) foi partillado con moitos outros países europeos. O que Galicia lle debe aos emigrantes é enorme, por iso non entendo como aínda a día de hoxe se pode manter un discurso negativo sobre a emigración.

-Cales son as súas prioridades no tocante á conservación do patrimonio cultural?

-O Consello non ten capacidade executiva para establecer prioridades, pero si para asesorar e marcar pautas para as administracións públicas. Estamos a traballar agora mesmo nunha sorte de libro branco sobre o patrimonio material.

-Como resumiría os primeiros 25 anos de vida do Consello?

-Diría que se cumpriron sobradamente os obxectivos fundacionais, de servir de lugar de encontro da cultura, de prestar servizos, de asesorar aos poderes públicos e de colocar a cultura no marco institucional da autonomía. Debería saberse que un Consello como o que temos en Galicia non existe en ningunha autonomía española, por máis que moitas delas tentasen crear organismos algo análogos, incluídos os casos de Euskadi e Cataluña. Penso que é unha das singularidades da autonomía galega.

-Teñen en conta as novas tecnoloxías á hora de chegar á xuventude?

-Claramente si. Se de algo pode presumir o Consello é de ter apostado (xa desde os tempos da presidencia de Carlos Casares) polo emprego das novas tecnoloxías. A día de hoxe, unha parte relevante do Consello está destinado ás novas tecnoloxías aplicadas á cultura (portal, mapa de equipamentos culturais, roteiros...). E temos a satisfacción de que entre os nosos usuarios predomina a xuventude.

COMPARTIR
 

Cine online  

CINE ONLINE

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99€.
  Vida en A Coruña

TEXTO

DESCRIPCION
 Ver galería »
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009