REDACCIÓN | A CORUÑA
A Consellería de Cultura e Turismo aprobou unha orde de axudas que apoiará a creación de proxectos de banda deseñada galega e que contará cun presuposto inicial de 30.000 euros.
A actividade subvencionada con cargo a esta orde, cun máximo de 6.000 euros por beneficiario, deberá contribuír á normalización da lingua galega e desenvolver as súas accións de publicidade e difusión en galego.
Segundo explicou a Xunta, a "crecente importancia" da banda deseñada no panorama cultural galego e dada a "inexistencia dun tecido editorial o suficientemente grande" para soster os custos de produción deste tipo de traballos, Cultura ve "necesario" dar un apoio aos autores para "fomentar a creación de obras extensas" de cómic galego en calquera xénero. As bases das subvencións publicaránse nos próximos días no Diario Oficial de Galicia.