O Consello da Cultura expresa ´preocupación´ polo legado de Díaz Pardo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN | A CORUÑA A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega expresou onte a súa "preocupación" polo futuro do "importante legado cultural" recuperado e reunido durante anos polo intelectual galego Isaac Díaz Pardo no Museo Carlos Maside, no Seminario de Sargadelos e no Seminario de Estudos Galegos.

Segundo explicou o Consello, este legado constitúe "un quiñón esencial do patrimonio cultural colectivo" de Galicia, fardel "da memoria histórica" galega e "garantía de transmisión" que é necesario preservar, protexer e "poñer en valor ao servizo de Galicia".

Ao respecto, o CCG lamentou que "quedasen inconclusas as tarefas de ordenación e dixitalización do material conservado no Instituto Galego da Información", levadas a cabo ao amparo dun convenio asinado co Consello da Cultura Galega e o Seminario de Estudos Galegos.

O padroado do Museo do Pobo Galego acordou por unanimidade facer pública a súa solidariedade con quen é unha das figuras "máis singulares da cultura galega dos últimos setenta anos". En consonancia, o padroado recordou a súa "larguísima, exemplar e infatigable traxectoria".

COMPARTIR
 

EL MEJOR CINE CON UN SOLO CLICK

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99 euros.
 
Cine Online
Cómo ver y seleccionar las películas

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009