MÚSICA

´Estamos fartos de que desprece sistemáticamente a cultura galega´

Texto íntegro da carta dos 11 escritores galegos Premio Nacional

 01:15  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A totalidade dos 11 escritores galegos que obtiveron o Premio Nacional de Literatura pedimos a dimisión do conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que "a cultura galega limita", unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar "limitados"? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario? Non pode. Agora precisou máis o diagnóstico, a cultura galega está "ensimesmada e acomplexada", expresión claramente ofensiva para os creadores e xestores da cultura de Galicia. Pero que, ademais, indica un descoñecemento claro do estado da nosa cultura, tanto no que atinxe ás obras como ao tecido industrial que as sustenta.

Os abaixo asinantes, autores de obras escritas todas elas en lingua galega que foron merecedoras do Premio Nacional de Literatura nas súas distintas modalidades (narrativa, literatura dramática, literatura infantil e xuvenil, tradución e ensaio), consideramos que isto, coma as outras moitas distincións e consideracións que as obras da nosa cultura veñen tendo en toda España e fóra das fronteiras do Estado, negan a insultante e despectiva cualificación do señor conselleiro.

Estamos verdadeiramente asombrados e fartos de que o conselleiro de Cultura do Goberno galego desprece sistematicamente a cultura galega, como un auténtico "bombeiro pirómano".

Consecuentemente, para que desapareza esta pasmosa anomalía, pedimos a dimisión ou cese inmediato de don Roberto Varela como conselleiro de Cultura do Goberno de Galicia, dado que o seu escaso coñecemento e falta de consideración cara a cultura galega veñen evidenciar a nula idoneidade para o posto que ocupa.

El ha ser máis feliz lonxe de todos nós, "limitados", "ensimesmados" e "acomplexados", e todos nós recuperaremos unha situación que teña un mínimo de cordura.

COMPARTIR
 

EL MEJOR CINE CON UN SOLO CLICK

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99 euros.
 
Cine Online
Cómo ver y seleccionar las películas

Fin de recepción de cuentos

 
Consulta los ganadores del concurso
anteriorsiguiente
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009