Marc Parrot e a súa banda realizarán o vindeiro 6 de febreiro no teatro principal de Santiago de Compostela, ás nove da noite, un recital no que reinterpretan grandes temas clásicos de artistas que formaron a chamada Nova Canço catalana.

No concerto escoitaranse versións de Lluis Llach, Joan Manuel Serrat, María del Mar Bonet, Raimon, Sisa, Ovidi Montllor, Joan Isaac e Pau Riba.

A homenaxe coincide co cincuenta aniversario da formación dese importante movimento musical e social, xurdido nunha época na que as cancións tamén servían para loitar contra o réxime franquista. Parrot é un artista multifacético que publicou sete discos e participou como produtor en varios proxectos. Para moita xente é máis coñecido por aquela traxectoria que principiou tendo como nome artístico o de El chaval de la peca. O prezo único das entradas é de nove euros.