MÚSICA
Música de raíz

Pablo Díaz debuta como solista cun álbum para o público infantil

O músico coruñés conta coa colaboración das cantantes Guadi Galego e Carmen Rey en dous temas do disco, no que tamén inclúe a voz do seu irmán Xabier Díaz

 01:53  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O músico Pablo Díaz cantando nun concerto co acompañamento do acordeonista Álex Fente. / joel
O músico Pablo Díaz cantando nun concerto co acompañamento do acordeonista Álex Fente. / joel  
 NOTICIAS RELACIONADAS

ÓSCAR LOSADA | A CORUÑA Tic tac é un álbum editado por Kalandraka que está presentado tamén como un libro, ao contar coas ilustracións de Marc Taeger.

Este traballo musical está enfocado cara aos cativos, un terreo un tanto ermo e que nos últimos tempos ve como van chegando propostas á escena musical galega. "Os nenos estaban un chisco esquecidos, reflexiona Pablo Díaz, e as obras que se dirixen a eles poden marcar a esas xeracións futuras".

Un punto de partida para este disco foi que o músico coruñés quedase finalista cun tema infantil no concurso A Coruña Son e alí atopouse con Santiago Auserón, que o animou a continuar nesa liña de traballo. "El escoitou as tres pezas que presentei, eu xa levaba tempo argallando cousas nesta onda musical, e díxome que o mellor era facer un álbum ilustrado".

No contido, e partindo do folk, atopamos unha variedade estilística notable, "e cando estabamos gravando xogabamos entre nós a dicir nomes de artistas coñecidos para asociar a cada peza e iso mesmo poden aplicalo en clase os mestres de música, malia non ser un disco didáctico ao 100%. A idea principal é a de realizar algo lúdico que engaiole aos nenos para que canten en galego. Os temas non deben ser moi longos e resultar sempre moi dinámicos. Escoitei moitos discos deste estilo e, por exemplo, atopei cousas moi interesantes en Rosa León". Para ser dinámico recurre a unha extensa instrumentación. "Metimos de todo e iso ten que notarse por algún recanto na obra. Gustaríame ter xogado máis cos metais, pero logo nos directos se notaría demasiado que faltan", indica Díaz.

O autor quixo contar con xente que coñecía para que o apoiasen nesta ópera prima e decidiu contar coas voces de Xabier Díaz, Guadi Gallego e Carmen Rey como solitas para tres temas incluídos en Tic-tac. "O que quixen foi enfocar as pezas para que eles as levasen ao seu terreo. Por exemplo, o tema de Carmen, con ese piano sintetizado, é moi diferente ao resto do disco. Guadi é como unha especialista en arrolos e axiña pensei nela. A dúbida era saber se as nosas voces ían empastar ben e creo que o fan. E co meu irmán Xabier tiña que contar, se o chaman de todas partes e eu non contase con el...", comenta. Nas outras pezas o cantante é o propio Pablo Díaz, quen debeu afrontar unha nova situación, "xa que antes sempre cantei en grupos arroupado por outros compañeiros. A voz é importante, pero éo máis o carácter lúdico das pezas e non resulta tan fundamemtal o meu labor como solista, que espero ir mellorando co paso dos anos".

COMPARTIR
 

EL MEJOR CINE CON UN SOLO CLICK

Disfruta de la mejor experiencia del cine, un gran catálogo de películas disponibles desde 0,99 euros.
 
Cine Online
Cómo ver y seleccionar las películas

Fin de recepción de cuentos

 
Consulta los ganadores del concurso
anteriorsiguiente
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009