O actor Tuto Vázquez faleceu onte despois dunha longa enfermidade. Nado en Ribeira, este licenciado en arte dramática tiña unha ampla experiencia en cine, radio e dobraxe. Malia que comezou a súa carreira profesional no teatro, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na televisión, onde foi o popular Ramón Couto de Mareas Vivas, o personaxe que o fixo famoso. O seu último traballo foi na serie Padre Casares, onde interpretou a Don Crisanto na primeira temporada ata que a enfermidade lle impediu continuar e foi substituído por Gonzalo Rey Chao.

Vázquez participou tamén no cine e na súa filmografía figuran varias películas como Camiño de Santiago: A Orixe (2004), O lapis do carpinteiro (2002), Blanca Madison (2000). Na televisión, ademais das series citadas, tivo papeles en Avenida de América (2001) e Pratos combinados (1995). Comezou na interpretación nos anos sesenta actuando con diversas compañías teatrais e na segunda metade dos oitenta o seu labor desenvolveuse na canle autonómica galega. Tamén tiña experiencia en radio e dobraxe e presentou en RNE o programa Preescolar na casa, o cal estivo oito temporadas en antena.

Desde os anos noventa, Tuto Vázquez era un dos participantes habituais en teleseries da TVG, ata que a súa enfermidade lle impediu seguir facendo papeis.