MÚSICA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Academia Galega rende homenaxe a Novoneyra na súa terra do Courel

A localidade de Folgoso é o escenario do acto adicado ao autor de 'Os Eidos', "espléndida luminaria poética que fixo máis habitable a segunda metade do século XX", segundo Ferrín

 12:09  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
A Academia Galega rende homenaxe a Novoneyra na súa terra do Courel
A Academia Galega rende homenaxe a Novoneyra na súa terra do Courel  la opinión
 NOTICIAS RELACIONADAS

REDACCIÓN A CORUÑA A localidade lucense de Folgoso do Courel acolle hoxe os actos centrais do Día das Letras Galegas en homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra, un evento institucional organizado pola Real Acadamia Galega (RAG) para recordar quen foi, en palabras do seu presidente, Xose Luís Méndez Ferrín, "unha espléndida luminaria poética que fixo máis habitable a segunda metade do século XX".

A RAG celebrará unha sesión plenaria extraordinaria e pública na antiga escola Seoane, a partir das 12.00 horas, nas que intervirán os académicos Manuel Rivas, Margarida Ledo, Darío Xohán Cabana e Manuel González. Posteriormente, pechará o acto o propio Ferrín para despois, ás 13.30 horas, celebrar a inauguración o novo CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Este evento conmemorativo verase acompañado de diferentes actos de homenaxe nas catro provincias galegas, impulsados por concellos, institucións e asociacións de todo tipo co obxecto de reivindicar a figura do poeta a través da literatura, a reedición das súas obras máis destacadas, ou actuacións musicais.

A Consellería de Cultura e Turismo organizou unha actuación especial no centro de Ensino de O Courel -13.00 horas- a través do grupo artístico Tender a man, conformado pola poetisa Yolanda Castaño e Branca Novoneyra, filla do poeta, para mostrar "un novo xeito de ver e comunicar a poesía máis novo e actual".

Ademáis, organizou un ciclo de sete concertos denominado Interseccións, A ollada de Novoneyra, un espectáculo ao cargo do compositor Emilio Cao no que colaborou "con letra" o propio poeta homenaxeado, durante os últimos anos da súa vida.

Ademais de actos en diferentes localidades, o Museo do Pobo galego acolle unha mostra de primeiras edicións e colaboracións en publicacións en torno á obra do homenaxeado, que se poderá visitar ata o 30 de maio.

Uxío Nononeyra naceu en Folgoso do Courel en 1930 e ao longo da súa vida consagrouse como un dos referentes da poesía galega contemporánea. Na súa bibliografía, destaca a publicación de Os Eidos, a súa obra de referencia, a través da Editorial Galaxia dirixida por Ramón Piñeiro.

Esta obra recolle poemas escritos entre os anos 1952 e 1953, aínda que outros varios dos poemas máis destacados do autor foron publicados en revistas e panfletos antes de ser recompilados en libros posteriores. O coñecido como 'poeta do Courel' faleceu o 30 de outubro de 1999, en Santiago de Compostela.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, dixo sobre a poesía de Novoneyra, que "a súa obra segue tan presente entre nós e tan de actualidade como o día no que os versos saíron da súa pluma". Varela afirmou que adicar o Día das Letras Galegas ao poeta do Courel "era unha obriga que tiñamos pendente".

"O Día das Letras Galegas sirviu para concienciar á nosa terra da longa historia e brillante poder literario da lengua propia. Despois de 47 edicións da gran festa das nosas letras, desde aquel primeiro día, a súa importancia e vixencia no deixan de medrar", indicou. Destacou que niste 17 de maio "celebramos de novo o día grande da literatura y da lingua galega e temos o pracer e o orgullo de homenaxear a un dos máis brillantes poetas da segunda mitade do século XX".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009