MÚSICA

´Speaking´ desde pequenos

Ediciones del Viento publica a primeira colección infantil bilingüe en inglés e galego

 11:36  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O editor coruñés Eduardo Riestra posa xunto a exemplares da súa nova colección infantil. / carlos pardellas
O editor coruñés Eduardo Riestra posa xunto a exemplares da súa nova colección infantil. / carlos pardellas 

'Tiny Tornado' é o nome da nova colección de Ediciones del Viento, a primeira dedicada por esta editorial ó público infantil e a primeira que é bilingüe en inglés e galego. O editor, Eduardo Riestra, afirma que é "moi importante que os nenos aprendan inglés desde pequenos"

NOELIA DÍAZ | A CORUÑA A editorial coruñesa Ediciones del Viento saca á luz a primeira colección bilingüe inglés-galego de contos infantís. Tiny Tornado (Remuíño), que así se chama a colección, é tamén a primeira incursión na literatura infantil desta editorial.

Trátase dunha serie de contos escritos por Lawrence Shimel, un neoyorquino que vive a cabalo entre Madrid e Nova York desde o ano 1999. Shimel escribe en inglés, castelán e galego, e os seus contos inclúense en Tiny Tornado cun formato bilingüe en inglés e cada unha das catro linguas oficiais do Estado español, isto é, galego, catalán, euskera e castelán. Eduardo Riestra, responsable da editorial, comenta que desde a creación da editorial, no ano 2003, tiveron en mente realizar unha colección infantil, "pero a cousa foise retrasando, ata que o ano pasado na Feira do Libro de Madrid coincidimos con Lawrence Shimel, o que rematou de decidirnos".

Riestra comenta que estes libros son "divertidas historias para nenos a partir de cinco anos que axudan á aprendizaxe do idioma inglés, algo moi importante neste momento". "É moi necesario, é algo moi importante que en Galicia se fale inglés, que a xente poida comunicarse co mundo exterior e non convertirnos nunha comunidade pechada", di. "Cando se di 'é que aquí non se necesita o inglés porque non se fala' só nos estamos illando do resto do mundo", sentencia. Respecto a isto, Eduardo Riestra denuncia que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e o presidente da oposición, Mariano Rajoy, non sepan falar inglés. "Paréceme patético que nin Zapatero nin Rajoy sepan expresarse en inglés, por eso nós queremos que os nenos aprendan inglés desde pequenos, é algo fundamental".

Tiny Tornado nace nun momento moi polémico da lingua galega debido ó Decreto que quere impoñer a Xunta. O editor coruñés cre que "o galego é un valor preciado e non debe confrontarse co castelán, xa que a supervivencia da lingua galega vai da man do castelán e non por libre. O castelán é unha lingua que falan 400 millóns de personas, e o galego non debe confrontarse con ela".

Desde Ediciones del Viento explican que os contos recollen elementos pedagóxicos e sociais, como a integración, la convivencia, a tolerancia, etc., sen perder nunca o punto divertido que consiga enganchar ós pequenos na lectura. Os dous primeiros contos son Just like them (Igual que eles) e The shrinking tree (A árbore minguante), e en todas as historias recóllense situacións actuais e circunstancias sociais que están ocorrendo na nosa sociedade. "Os protagonistas son familias monoparentais, nenos chinos ou de ascendencia africana que naceron e se criaron en España, con pais españois... tocamos temas sociais que se ven hoxe en día, todos os contos son multiculturais e multirraciais", conta Riestra.

Os libros xa están á venda e desde a editorial coruñesa atópanse "moi ilusionados". Valoran especialmente ó autor das narracións, Lawrence Shimel, do que destacan que as súas numerosas publicacións "foron traducidas a máis de vinte idiomas e con ilustracións dos máis grandes artistas gráficos do momento".

Eduardo Riestra e os seus compañeiros consideran que é "unha idea moi práctica para que os nenos galegos se acostumen a ler inglés desde pequenos, o que lles abrirá moitas portas no futuro".

Ediciones del Viento acaba de publicar tamén unha antoloxía de debuxos eróticos de 69 autores españois.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009