O ex presidente da Xunta e senador, Manuel Fraga Iribarne, foi elixido, por unanimidade do xurado, gañador do premio Otero Pedrayo, pola súa aportación a Galicia.

O xurado, que se reuniu onte, estivo formado por representantes da Xunta de Galicia, das catro diputacións galegas, das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e da Real Academia de la Lengua (RAE). Elixiuse "a figura e a traxectoria" de Manuel Fraga a proposta do presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán: "É unha proposta sorprendente que pode ter moitas lecturas", asegurou Louzán. En todo caso, matizou que "no pensamento dos membros do xurado destacouse a súa aportación á cultura de Galicia que traspasou as fronteiras, non entramos en política", dixo.

"Labor indiscutible"

"O labor de Fraga é indiscutible", explicou Louzán, quen destacou que "Galicia sempre estivo no centro da súa vida e obra con múltiples traballos publicados e exhaustivos estudos".

Da súa extensa obra literaria o xurado destacou aqueles títulos dedicados a Galicia como son De Santiago a Filipinas, pasando por Europa (1988), Galicia ayer, hoy, mañana (1989), Galicia en España y en Europa (1990), La cultura gallega, pasado, presente y futuro (1990), Alvaro Cunqueiro: dos discursos (1991), De Galicia a Europa (1991), La Galicia del año 2000 (1993), Galicia fin de milenio (1997) y Final en Fisterra (2006), entre outros. "Creo que Fraga supuxo unha gran sorpresa cando, despois de gañar as eleccións autonómicas, aqueles que esperaban unha política centralista viron que, sen embargo, era todo o contrario, apoiándose no galeguismo moderado incorporou ao proxecto da Xunta a distintos e valiosos nomes", reflexionou Louzán.