Robert Plant triunfou o ano pasado co disco gravado canda Allison Krauss, co que logaron varios Grammy. Agora dá un novo paso na súa carreira en solitario con Band of joy, título que recupera o nome dun conxunto primeirizo no que coincidiu co baterista John Bonham.

Coa produción de Buddy Miller e o apoio vogal de Patty Griffin, este disco non está á altura dun artista da súa categoría e pasa totalmente desapercibido na escoita. Comenta Plant que agora o seu labor "xa non ten nada que ver coa vaidade, o ego ou o éxito visible. É sinxelamente o penetrar no corazón da música". Desta volta quedou ben lonxe de acadalo.