O reporteiro Pedro Armestre gaña o premio A Imaxe de Galicia

A imaxe gañadora mostra un solitario brigadista no incendio da Porqueira do 14 de agosto de 2010

 13:19  
Un brigadista nun incendio o verán pasado. / pedro armestre
Un brigadista nun incendio o verán pasado. / pedro armestre 

REDACCIÓN | A CORUÑA O reporteiro gráfico Pedro Armestre é o gañador da segunda edición do certame A Imaxe de Galicia, unha iniciativa de Novacaixagalicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) que premia a mellor imaxe informativa sobre a actualidade galega publicada nos medios de comunicación durante o pasado ano 2010.

A imaxe gañadora, que foi distribuída pola axencia AFP Photo e publicada en varios medios, mostra un solitario brigadista no incendio da Porqueira do 14 de agosto de 2010, rodeado de fume e dunha luz alaranxada que cubre gran parte da escena.

A directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, e o decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro, resaltaron na lectura do fallo "a capacidade de Armestre para capturar esta imaxe icónica, moi significativa, centrada nunha única persoa fronte a impoñente presenza das consecuencias do incendio". O autor ofrece outra perspectiva, igualmente dura, dos lumes forestais que tiveron lugar durante o verán do ano pasado en Galicia. Pedro Armestre, nacido na Rasela (Verín, Ourense) en 1972, é fotógrafo profesional desde o ano 1993, e comezou a súa carreira na axencia Europa Press.

"Hay que mirar al pasado para ver lo que somos", defiende el escritor Kirmen Uribe, que presenta hoy en A Coruña su obra 'Bilbao-New York-Bilbao'

 

Más cultura

Libros

Libros

Consulta toda la información sobre literatura: críticas, reportajes...

Música

Música

Todas las noticias sobre tus cantantes y grupos favoritos, en un sólo clic

Arte

Arte

No te pierdas ninguna exposición y entérate de los mejores eventos artísticos

Teatro

Teatro

Obras de teatro, ensayos, monólogos... informáte de las últimas novedades

CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por


Aviso legal
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | El Diari | Emporda | Faro de Vigo | Informacion | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Malaga | La Opinion de Murcia | La Opinion de Tenerife | La Opinion de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regio 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Loteria de Navidad | Oscars | Premios Goya