Alison Krauss naceu en Decatur, localidade do estado de Illinois un 23 de xullo de 1971. Comezou estudando violín clásico, mais co tempo sentiuse inclinada a tocar bluegrass e sendo unha rapaciña chegou a gañar varias competicións dese instrumento. Pero ademais Alison contaba cunha fermosa voz que non desaproveitou para se facer unha estrela do espectáculo.