A banda de música tradicional Zurrumalla naceu como grupo no ano 2000 coa intención, como comentan eles, "de dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela".

Agora veñen de publicar O que había e... o que hai, ilustrativo título no que recollen pezas do antigo repertorio e temas de nova factura. "Constatamos que había material musical vencellado a nós que nos daba mágoa desbotar e por iso decidimos facer un dobre cedé, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros oito anos de andaina e a segunda vai centrada nos temas dos últimos tempos, que teñen a peculiaridade de ser todos eles de composición propia", sinalan os Zurrumalla.