EUROCOPA
Adiós al último intelectual galleguista del siglo XX

Adeus ao ´músculo´ da cultura galega

Persoeiros da cultura e a política de Galicia despiden a Isaac Díaz Pardo, un home "indefinible" para os que o rodeaban e un referente indiscutible na loita pola identidade galega

 
Ramón Villares. / fran martínez
Ramón Villares. / fran martínez 
 MULTIMEDIA

Académicos, políticos e persoeiros da cultura galega visitaron onte a capela ardente de Isaac Díaz Pardo, instalada no tanatorio coruñés de Servisa. Pouco despois de coñecer a noticia, acudían a despedir ao intelectual galeguista multitude de autoridades da Xunta e dos gobernos municipais, así como escritores e artistas. Centos de persoas quixeron dicirlle o último adeus a un home que loitou pola identidade cultural de Galicia ata o final da súa vida e que, como expresaron os seus amigos e achegados, "era indefinible e irrepetible". Un auténtico "músculo" que fixo moverse ao tecido cultural e empresarial galego no século XX

NOELIA DÍAZ | A CORUÑA Un goteo incesante de persoeiros da cultura e a política galega acudiron onte á capela ardente de Isaac Díaz Pardo, instalada no tanatorio Servisa de As Xubias (A Coruña). Dende Xosé Ramón Barreiro ata Emilio Pérez Touriño, todos quixeron dicirlle adeus a un referente indiscutible na loita pola identidade galega, un home que adoptou o papel de "músculo e pulmón" -como expresou o escritor Víctor Freixanes- para poñer en marcha a cultura de Galicia.

Pouco despois de coñecer a noticia, diversas autoridades visitaron ao intelectual galeguista -falecido onte aos 91 anos-, entre elas o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que acudiu acompañado da concelleira de Cultura, Ana Fernández. Tamén o novo conselleiro de Cultura e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, quixo amosarlle as súas condolencias á familia de Díaz Pardo, e fíxoo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro. Vázquez destacou a figura dinamizadora do escritor e empresario falecido, un "grande humanista, emprendedor, intelectual e artista, peza esencial da nosa cultura".

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acudiron tamén pola mañá á capela ardente, á que co paso das horas se achegaban máis e máis familiares, amigos e achegados a Díaz Pardo, que amosaban o seu pesar polo acontecido e sinalaban que o corpo do artista compostelán estaba cuberto pola bandeira galega. Outros escritores como Xesús Alonso Montero, Miguelanxo Fernán Vello e Manuel Rivas trasladaron igualmente o seu sentimento á familia.

"Era un home indefinible que amou Galicia con paixón e que ía sempre un paso por diante dos demais. Era un home bo, leal e xeneroso, dos que é difícil atopar, e deixa unha gran pegada: debemos loitar por conseguir esa Galicia moderna, solidaria e avanzada coa que Isaac sempre soñou", comentou o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, bo amigo do finado.

Os socialistas Carmen Marón, Javier Losada, Mar Barcón, Silvia Longueira, José Luis Méndez Romeu, Salvador Fernández Moreda e Pachi Vázquez foron algúns dos políticos que acudiron nas primeiras horas da tarde a Servisa. Tamén a exconselleira de Cultura do BNG, Ánxela Bugallo, e os alcaldes de Oleiros e Sada, Ángel García Seoane e Abel López Soto, se deixaron ver polo tanatorio coruñés.

O líder do Partido Socialista de Galicia, Pachi Vázquez, gabou a figura de Díaz Pardo e referiuse a el como "un home que representa a visión novedosa e o compromiso: compromiso político, de país, de futuro...". Vázquez revelou que lle transmitiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a idea de chegar a "un acordo para que Galicia lle preste as máximas honras a Díaz Pardo, aínda que creo que aínda sen falalo non haberá problema para conseguilo". Con respecto a eses actos de homenaxe, o líder socialista calificou ao falecido como "discreto e austero" e afirmou que "el seguramente non o querería así", pero considerou que a importante figura de Díaz Pardo merecía "que Galicia lle devolvese dalgunha maneira o que fixo por ela". "As xeracións vindeiras teñen que saber que, aínda que todos somos iguais, hai persoas que son distintas, como el", concluíu Vázquez.

O académico e expresidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, comentou resignado que "morrer hai que morrer". "O importante é o que levas contigo e qu. deixes o deber cumprido", dixo. Neste senso, Barreiro apuntou que Díaz Pardo "cumpriu sobradamente e todos debemos aspirar a iso na vida". O historiador destacou o carácter transixente do falecido, de quen dixo que "sendo como era un home de esquerdas, sabía que Galicia necesitaba de todos e falaba con todo o mundo". "Nunca foi sectario nin separou a ninguén na construcción do país", dixo Barreiro.

Irrepetible e indefinible. Foron as palabras escollidas polo escritor Víctor Freixanes para definir ao artista e empresario santiagués, quen fundou xunto a Luis Seoane o Laboratorio de Formas -máis tarde nomeado como Grupo Sargadelos-. "Foi unha especie de músculo e pulmón da cultura galega do século XX. É imposible definilo, porque que é? Artista, empresario, activista cultural, intelectual, escritor, dibuxante, editor, cartelista, deseñador...?", preguntábase onte Freixanes. O director da editorial Galaxia concluíu dicindo que esta é unha perda importante: "Vánsenos os pais e a ver que facemos os fillos, que somos todos os galegos".

Os restos do intelectual galeguista trasladaranse ao Museo do Pobo Galego, onde se instalará a capela ardente a partir das 11.30 de hoxe.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
Especial patrocinado por:
Lotería de Navidad 2011 Comprobar número: ¿Cuánto juega? (€): Comprobar loteria
 
 

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

laopinioncoruna.es en las redes sociales

Sorteo de entradas de cine

Vete al cine gratis a ver los últimos estrenos en 3D y 2D con laopinioncoruna.es

Esperando Contenido Widget ...
MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica de cine
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Elecciones Generales 2011