O músico israelita Idan Raichel actuará mañá no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela dentro do festival Sons 2012. O concerto comeza ás nove da noite. As entradas valen 12 euros, en anticipada, e 15 euros o día do concerto.

A súa aposta musical chamou moito a atención ao botar man das comunidades etíopes, árabes e caribeñas residentes no seu país, polo que a súa música é considerada como un canto á diversidade cultural de Israel.

Para a prestixiosa publicación Rough Guide adicada á world music, The Idan Raichel Project "é unha obra mestra da música do mundo fusionada con música ambient". Entre os compoñentes da banda está a cantante Cabra Casey, de descendencia etíope. Idan Raichel coñeceuna cando facían o servizo militar e alí conectaron moi ben para formar parte dun proxecto musical que pretende ofrecer nas súas letras unha mensaxe de tolerancia e entendemento entre os pobos.