Ao longo dos anos, a colaboración entre o gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño e o acordeonista vasco Kepa Junkera xurdiu de xeito moi fluído, xa fora en discos dos artistas ou en concertos en directo.

A súa conexión musical e persoal levounos a idear para este verán un espectáculo conxunto, chamado Jai Galai, no que os espectadores poderán escoitar as propostas de Budiño e Junkera por separado, coas súas bandas apoiándoos, e tamén haberá un lugar neste show para ver xuntos enriba do escenario aos músicos. O 9 de agosto estarán actuando no Festival Intercéltico de Lorient como unha das actuacións estelares do evento bretón. Actualmente traballan para realizar futuros recitais en Galicia.