Medio século de festa e loita

A Real Academia Galega reúne en María Pita a voceiros dos concellos nos que naceron os 50 homenaxeados na historia do día das letras

 03:24  
Medio século de festa e loita
Medio século de festa e loita  
 MULTIMEDIA

Cúmprense cincuenta anos desde que en 1963 se celebrase por vez primeira o Día das Letras Galegas e a Real Academia quixo conmemoralo onte cunha lectura de textos de todos os homenaxeados. Representantes dos concellos que foron berce dos autores lembrados neste medio século foron os encargados de levar á praza de María Pita, na Coruña, o pensamento e os versos dos seus fillos sobranceiros

GEMMA MALVIDO| A CORUÑA O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, lembrábase onte dos que falaron a lingua galega durante séculos, daqueles dos que non se coñecen os nomes e dos que repousan en nichos esquecidos. Foron eles os que, ano tras ano, foron quen de deixar a semente dun idioma, o galego, que evoluciona e que se adapta, cada día, á realidade do país ao que representa e que, á vez, o crea.

Foi na praza de María Pita onde a Real Academia Galega rendeu homenaxe aos cincuenta autores que, desde 1963 foron elexidos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Desde Rosalía a Paz Andrade. Un representante de cada un dos concellos nos que naceron os homenaxeados foi o encargado ler e de transmitir o sentir e o pensamento dos seus fillos senlleiros.

Padrón, Rianxo, Ourense, Celanova, A Coruña, Vigo... pero tamén Vilafranca do Bierzo e Vegadeo, dous concellos que aínda que fóra do mapa galego, comparten a fala e a historia e foron o berce de Frai Martín Sarmiento e de Armando Cotarelo. Os textos escolleunos a Academia, así que sonaron versos en favor do ensino en galego, da loita por defender o que é "un tesouro", extractos de cartas e de tratados nos que se enxalza a importancia de que un pobo, para seguir séndoo, coide o que é de seu, e non só cada 17 de maio, senón todos os días de todas as vidas. Pero houbo tamén pasaxes livianas, de descrición da paisaxe, da vida en Galicia e de lembranzas do mar.

Entre poema e poema, entre alcaldes, concelleiros e académicos, rapaces chegados de sete vilas levaron a María Pita pétalos das flores da horta de Rosalía, auga da fonte de Cunqueiro, area recollida ao carón da casa de Cabanillas, arume arpado que medra onde vivíu Pondal, terra da horta de Curros, auga do mar da praia do Rianxo de Castelao, Manoel Antonio e Dieste e unhas herbas arrincadas no Courel de Novoneyra. "É unha leira que todos temos que cultivar para que quede claro que o país se constrúe con loita", definiu o secretario da Academia, Xosé Luis Axeitos, que apelou á memoria dos que levaron o galego "da escuridade á luz", ao "froito dos idealistas".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o acto, xunto ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, aínda que non interviñeron, nin para dar a benvida, como o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, nin para despedilo, como o fixeron as notas do himno galego interpretado pola Banda Municipal e Cántigas da Terra. Un grupo de promotores de emprego asubiaron a chegada e a marcha do presidente para mostrar o seu desacordo coa retirada dunha partida orzamentaria destinada á creación de postos de traballo e de orientación laboral.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Cine

Antonio Banderas.
Antonio Banderas.

Banderas y Coronado, finalistas a los premios de la Unión de Actores

Los galardones se entregarán en una gala que tendrá lugar este lunes en el Teatro Circo Price de...

Oliver Stone.

Oliver Stone presenta sus ´Savages´ del narcotráfico

El director enfrenta en esta película las dos realidades del tráfico de drogas entre México y los...

Giuseppe Bertolucci.

Muere el cineasta y guionista italiano Giuseppe Bertolucci

Se inició en el mundo del cine ayudando a su hermano Bernardo Bertolucci en la película "Strategia...

La actriz francesa Audrey Tatou.

Audrey Tatou protagoniza ´La Delicadeza´, el ´anti Cristo de la comedia romántica´

La pelicula de David Foenkios, una cinta que va de la tristeza a la sonrisa bruscamente, llegará a...

La actriz Charlize Theron.

Charlize Theron protagonizará la comedia policíaca ´Murder Mystery´ de John Madden

Con Theron como protagonista femenina, ahora solo queda saber quién encarnará el papel masculino...

Lo mejor de la cartelera.

La selección, lo mejor de la cartelera

Te presentamos los mejores títulos que se encuentran actualmente en la cartelera

La actriz Victoria Abril y la directora macedonia Teona Strugar Mitevska, en Valencia.

Victoria Abril: ´En España pasan mucho de mí´

La actriz española dice que el cine español "pasa de mí", aunque avanza que rodará de nuevo a...

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 
MÁs blogs
Artículos de Xurxo Souto
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Blog de Sonia Seijas
Recopilación de citas
Entretenimiento canalla
Blog de Adrián Moreno
Blog personal de Pilar Mera
Gastronomía de Miguel Vila
La ciudad de ayer
Blog de fotografía
Un blog sobre literatura
Luis Ferrer i Balsebre
Blog sobre televisión
Blog sobre videojuegos
Bitácora de Óscar Losada
Historia de nuestras calles
Un blog un poco escéptico
Blog de temática gay
Blog sobre arquitectura
Verbenas e orquestas
Blog de crítica de cine
Frases famosas
Blog de recetas
Blog de crítica musical
Selección de Voley- Playa
Blog de Laura Méndez
Blog de Moda
El mundo del rock
Un lugar recoleto
Documentos financieros
Nueva sección de Ocio
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009