A norteamericana Shawn Colvin vén de editar o seu oitavo disco, titulado All Fall Down. Comezou a súa carreira na década dos setenta e fíxose popular nos circuítos folk de Nova Iorque.

O seu primeiro álbum non chegaría ata 1989, cando sacou Steady On, co que logrou o seu primeiro Grammy na categoría de folk contemporáneo. Gañou outros dous Grammy en 1998 con Sunny Came Home, mellor canción e disco do ano.